Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Consellería de Cultura autoriza ao Concello de Lugo para levar a cabo os traballos de mantemento no cuartel de San Fernando que lle competen ao organismo autonómico


# Mércores, 27/02/2013
A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria de sete prazas de bombeiros-condutores en quenda libre

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Urbanismo e portavoz do Goberno Local, Luis Álvarez, informou esta mañá da notificación por parte da Consellería de Cultura da resolución adoptada na Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo celebrada o 22 de febreiro e na que se autoriza ao Concello de Lugo a levar a cabo actuacións de mantemento no cuartel de San Fernando.

Luis Álvarez explicou que “celebramos que, por unha vez, sexa o Concello o que anuncie a resolución da Xunta aos medios de comunicación” e tamén “que nos autoricen a facer unhas melloras de mantemento que son competencia da Xunta e que por abandono e irresponsabilidade poden causar algún percance aos viandantes”.

As actuacións que se van levar a cabo por persoal do Concello consisten na eliminación de todo o tellado da parte traseira, que foron as antigas caballerizas, e que non está catalogado. Tamén se vai a eliminar todos os elementos soltos que puideran estar presentes nese muro que vai quedar como peche de parcela mentres non se leven a cabo as obras de rehabilitación.

Xunta de Goberno Local

Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobáronse as bases específicas para o acceso en propiedade a sete prazas de bombeiros-condutores pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo en quenda libre e pertencentes ao grupo C. A titulación esixida é o graduado escolar ou título superior, estar en posesión do permiso de conducir tipo C e acreditar aptitudes físicas. Ademais haberá diferentes probas que probaran tanto os coñecementos como as aptitudes físicas dos opositores.

As probas estarán compostas por un primeiro exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio dun test de personalidade, un segundo exercicio que contará con probas físicas, un terceiro e cuarto exercicio que constará de probas prácticas e un quinto exercicio relativo a un exame teórico.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova