Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Adxudicados os servizos de mantemento dos sistemas de control de tráfico e de dinamización dos telecentros rurais


# Xoves, 28/02/2013


O Concello adxudicou hoxe dous importantes servizos, o de mantemento, conservación e explotación dos sistemas de control de tráfico e o de dinamización sociocultural dos telecentros da zona rural.

A Mesa de contratación acordou adxudicar o servizo de mantemento, conservación e explotación dos sistemas de control de tráfico á empresa Telvent Tráfico y Transportes S.A. por un importe de 253.640 euros (IVE incluído). O prezo de licitación deste contrato, que ten unha duración de dous anos coa posibilidade de prórroga ata un máximo de catro, era de 309.190 euros (IVE incluído). Inicialmente presentáronse cinco ofertas, tres das cales foron descartadas por diversos erros na documentación presentada.

Tamén se adxudicou hoxe o servizo de dinamización sociocultural para os telecentros que ten o Concello en sete parroquias da zona rural. Neste caso, o servizo adxudicouse á empresa Vida Láctea por un presuposto total de 75.446,58 euros (IVE incluído).

O prezo de saída deste contrato fora por un importe total de 84.391,37 euros (IVE incluído) e a convocatoria para a prestación do servizo de dinamización sociocultural fíxose en sete lotes correspondentes a cada un dos telecentros que funcionan nas antigas escolas rurais existentes nas parroquias de San Xoán do Campo, Calde, Coeses, Santiago de Saa, Santa María de Bóveda, Santa Comba e Rubiás.

A duración do contrato é por un ano prorrogable por outro ano e ó contrato presentáranse un total de catro ofertas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova