Cargando....
Concello de Lugo
20/04/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Ana González Abelleira presentou o programa de actividades do Día Internacional das Mulleres adicado á presenza feminina no mundo da cultura


# Venres, 01/03/2013
A Concellería de Benestar Social e Igualdade tamén presentou ciclos de cine, exposicións e obradoiros para este mes

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres e que se celebrarán ao longo de todo o mes de marzo con diferentes actividades.

González Abelleira lembrou que “o mes de marzo é o mes no que temos que reivindicar o papel feminino na arte e na cultura polo que a maioría dos actos van dirixidos a darlle valor as mulleres que traballan neste eido”. Neste sentido avanzou que o día 8 de marzo se celebra a entrega de premios “Entre Mulleres”, a Marica Campo e Tareixa Campo, pola súa labor na cultura lucense. Tamén no acto se fará unha homenaxe a título póstumo a Concepción Basanta, primeira presidenta de Mans Unidas en Lugo.

A responsable da área tamén anunciou a celebración da X Marcha pola Igualdade que se celebrará o sábado 9 de marzo e na que, como novidade, os participantes poderán participar no “bookcrossing”. Así, deixaranse libros en diferentes lugares da Muralla para que os que os atopen poidan levalos para a casa.

Outra das actividades, será un obradoiro baixo o lema O autocoidado á través da saúde sexual impartido pola asociación Acadar, e que terá lugar os días 11, 13, 15, 18 e 20 de marzo entre as 10:00 e as 13:00 horas, haberá que inscribirse antes na Casa da Muller.

Tamén o día 7 de marzo celebrarase a inauguración na Capela de Santa María dunha exposición titulada Mulleres creadoras e lucenses que estará aberta ata o 14 de abril. Ademais, durante o mes de marzo levarase a cabo nas ociotecas municipais do programa “Aprende xogando”, un programa de fomento da igualdade.

Ciclo Mulleres de Cine

Esta iniciativa aposta por reivindicar e visibilizar o traballo creativo das mulleres no ámbito da industria cinematográfica española, dada a súa escasa presenza nos postos de responsabilidade, apenas un 8% das películas producidas están dirixidas por mulleres. A mostra inclúe unha excelente oportunidade para asomarse á obra dalgunhas das nosas mellores cineastas e serán proxectadas no Museo Interactivo da Historia de Lugo nos seguintes días:

4 de marzo, 20.00 h.: Katmandú, un espejo en el cielo, de Icíar Bollaín
5 de marzo, 20.00 h.: Huellas en el cielo, de Sonia Tercero
6 de marzo, 20.00 h.: Mercado de futuros, de Mercedes Álvarez
7 de marzo, 20.00 h.: Los niños salvajes, de Patricia Ferreira.
8 de marzo, 18.00 h.: Las Constituyentes, de Olivia Acosta. Presentación a cargo de Olivia Acosta.

www.lugo.es/ws/casadamuller


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova