Imprimir

O XURADO ACORDA DEIXAR DESERTO O PRIMEIRO PREMIO DA XV EDICIÓN DO CERTAME DE NARRACIÓN CURTA ÁNXEL FOLE


1/3/2013 O segundo premio foi para Ismael Ramos Castelo e o terceiro para Xosé Farruco Graña Lama

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presidiu a reunión que celebrou esta tarde na Casa do Concello o xurado dos premios da XV edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”.

Logo das correspondentes deliberacións, o xurado acordou por unanimidade declarar deserto o primeiro premio do Certame.

O segundo premio, que está dotado con 1.000 euros, foille concedido, tamén por unanimidade, ó relato “Trasnoitar de nenos”, presentado co lema “Suadoiro”, de Ismael Ramos Castelo.

Ademais, o xurado acordou unanimemente outorgar o terceiro premio, dotado con 500 euros, ó relato “Campanas de Anllóns”, presentado co lema “Camiño norte”, de Xosé Farruco Graña Lama.

Ismael Ramos Castelo ten 19 anos e é veciño de Noia. Xosé Farruco Graña Lama usa o nome literario de Farruco Graña e é de Ribadeo.

O xurado desta XV edición do Certame de Narración Curta “Anxel Fole” estivo formado por Lupe Bao Reixa, Cristina Corral Soilán e Xerardo Quintiá Pérez. Como presidenta, con voz e sen voto, actuou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua e como secretario, o Coordinador de Publicacións do Concello de Lugo, Darío Xohán Cabana.