Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz anunciou que mañá se abre o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais


# Luns, 04/03/2013
Das máis de 230 prazas de garderías das que dispón o Concello de Lugo, 141 serán de nova adxudicación

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, anunciou que dende mañá martes 5 de marzo se poderán solicitar praza para as Escolas Infantís Municipais para o curso 2013/2014 xa que hoxe se publicou no BOP a convocatoria.

Esther Muñóz explicou que “para o novo curso hai 141 prazas para novas adxudicacións e que supoñen máis da metade das prazas totais que temos no Concello de Lugo”. Ademais de que informou que “o prazo para solicitalas remata en 20 días naturais, é dicir, o 27 de marzo”.

Así, na escola de Serra de Outes ofértanse 37 prazas de novo acceso, outras 21 están reservadas para nenas e nenos xa matriculados no presente curso 2012/2013, e 3 prazas para emerxencia social.

En canto á escola Gregorio Sanz ten 37 prazas de novo acceso, 21 prazas reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados, e 3 prazas quedan reservadas para emerxencia social.

No caso da escola Luis Souto Menor (San Fiz) o número de prazas de novo acceso son 37, o de reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados son 21 prazas, e 3 quedan reservadas para emerxencia social.

Na escola infantil da Piringalla, ofértanse 31 de novo acceso, 21 prazas reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados, e 3 quedan reservadas para emerxencia social.

Para solicitar praza por primeira vez será necesario cumprimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Os impresos poden descargarse no sitio web do Concello, na Concellería de Educación.

Poderán informarse deste proceso nas propias escolas infantís, no portal web do Concello www.lugo.es ou chamando ao número de atención ao cidadán 010.

Pode descargar a solicitude, anexos e baremos no apartado da Sede Electrónica (tramita na túa casa) desde portal.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova