Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde asina un convenio co Decano do Colexio de Avogados de Lugo para prestar apoio a persoas afectadas por desafiuzamentos


# Martes, 05/03/2013
É unha das medidas que pon en marcha o Concello de Lugo para asesorar ós lucenses que queden sen casa por non poder pagar a hipoteca da súa primeira vivenda

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Colexio de Avogados renuncia ó cobro deste servizo de asesoramento e o Concello comprométese a ampliar en 10.000 euros a partida adicada a emerxencia social


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou hoxe un convenio de colaboración co Decano do Colexio Provincial de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, para axudar ás persoas que poidan sufrir un desafiuzamento ao non poder afrontar os pagamentos da hipoteca da súa primeira vivenda.

O acordo de colaboración entre o Concello de Lugo e o Colexio de Avogados ten por obxecto atender as necesidades de información e asesoramento das persoas e familias que teñen dificultades para facer fronte ós pagamentos dos préstamos hipotecarios e poden atoparse, por esta causa, en risco de perder o seu domicilio actual.

López Orozco indicou que “é de agradecer esta axuda desinteresada para os lucenses nun momento que é difícil e que é noticia, por sorte, non na nosa cidade pero si noutros lugares a lacra dos desafiuzamento”. Ademais engadiu que o Colexio de Avogados estiveron presentes dende o primeiro día nas reunións da Comisión de Desafiuzamentos ofrecendo a súa colaboración para as persoas que poidan ter un problema de desafiuzamentos na primeira vivenda.

Neste mesmo sentido se manifestou Félix Mondelo, xa que “ante este tema grave queremos aportar axuda dentro das nosas posibilidades porque o noso deber é asesorar ás persoas que por motivos económicos no poden facerse cargo do pago das vivendas”.

Desta maneira, os membros do Colexio de Avogados van asesorar as persoas que se atopen nesta situación ante as entidades bancarias e facer as xestións para conseguir aprazamentos no pago e evitar os alzamentos.” Brindamos o noso apoio para actuar neste grave problema que temos, máxime, cando son as entidades bancarias ás que os cidadáns lles prestamos os cartos, as que van deixar sen vivenda a persoas que por pasar unha mala época económica non poden facer fronte aos pagos” segundo declarou Félix Mondelo.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova