Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presentou novos cursos de formación do programa +XTI que acadaron un éxito importante na edición anterior


# Martes, 05/03/2013
Os cursos, un de pastelería, outro de creación de empresas on-line e outro de director de tempo libre, están orientados á mozos e mozas de entre 16 e 30 anos desempregados

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá 6 novos cursos dentro das actividades de formación do programa +XTI Formación, coa que se pretende favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conten un interese e atractivo para a mocidade.

Carmen Basadre destacou que “está orientado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos porque moitos deixan de estudar e esta é unha boa forma de complementar os coñecementos o que axuda moito á hora de atopar traballo”. Ante os bos resultados dos cursos da edición anterior na que foron varios os alumnos que lograron un posto de traballo, decidiuse repetir en outras áreas nas que aínda hai nicho de mercado, como sinalou a Concelleira de Xuventude.

A inscrición debe facerse na Casa da Xuventude pero tamén se pode obter información na Oficina de Información Xuvenil (OIX) situado no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Os requisitos comúns será estar censado ou acreditar que traballan ou estudan na cidade e ter entre 16 e 30 anos.

Curso de E-Comercio

Esta actividade que conta cun total de 100 horas, 60 teóricas e 40 prácticas, vaise desenvolver os venres en horario de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. O número de prazas é de 20 persoas que poderán aprender a crear unha tenda on line entre o 23 de marzo e o 1 de xullo. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 13 de marzo.

Curso de Pastelería

Esta actividade que conta cun total de 170 horas, 80 teóricas e 90 prácticas, vaise desenvolver os venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 09:30 a 13:30 horas. O número de prazas é de 15 persoas que poderán aprender o oficio da pastelería entre o 22 de marzo e o 14 de xuño. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 13 de marzo.


Curso de Director de Tempo libre

Este curso homologado pola Xunta de Galicia, de 300 horas, 150 teóricas e 150 prácticas, vaise desenvolver os fines de semana. O número de prazas é de 15 persoas que realizaran as actividades entre o 16 de marzo e o 18 de maio. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse antes do 13 de marzo.

Máis información www.lugo.es/prevenciondrogas e nos seguintes documentos:

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova