Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba máis de 3 millóns de euros para a anualidade do 2013 do III Plan estratéxico de subvencións


# Mércores, 06/03/2013
Luis Álvarez anunciou o inicio da contratación de 22 prazas para persoas dependentes nos centros de día

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a actualización da asignación para a anualidade de 2013 do III Plan estratéxico de subvencións do Concello de Lugo para o ano 2012-2015 máis de tres millóns de euros. Así, serán 3.054.699 euros os que se invirten en diferentes en diferentes areas do Concello de Lugo para a subvención de proxectos, actividades e asociacións.

Desta maneira, a área de Deportes terá unha contía de 1.049.000 euros na que se inclúen subvencións a clubes, asociacións e deportistas con talento ou de alto nivel. En materia de Urbanismo-Rehabilitación serán 722.800 euros adicados a axudas para a rehabilitación e as achegas para a realización das ITES. Ademais doutros 289.499 euros en subvencións para o Alugueiro de Vivendas.

Para subvencións na área de Servizos Sociais contamos con 343.500 euros que cubren as convocatorias de subvencións nominativas, de concorrencia competitiva e para proxectos de organizacións non gubernamentais. En Muller destínanse 27.100 euros destinados ás asociacións que fomentan a igualdade.Tamén para a Promoción Económica, do Emprego e Industria, se aprobaron 320.000 euros e 51.000 euros para a área de Participación Cidadá.

Finalmente a área de Cultura conta cun importe de 140.500 euros, a de Xuventude un total de 10.000 euros e a de Educación 129.500 euros.

Prazas de Centros de dia
O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, tamén informou que na Xunta de Goberno Local se aprobou a apertura do procedemento para a contratación de 22 prazas de centro de día para a atención de persoas maiores dependente en réxime de atención diurna. O prazo da duración do contrato é de dous anos podendo ser obxecto de prórroga por dous anos máis e conta cun presuposto máximo para a primeira anualidade de 168.516 euros ive incluido. Neste sentido, Álvarez, manifestou “o compromiso que ten o Concello de Lugo cos servizos sociais e con todas as persoas que nestes momentos son máis vulnerables e precisan axuda”.

Outro dos acordos adoptados foi a aprobación do procedemento para a contratación de papel tamaños A4 e A3 para as fotocopiadoras e impresoras do Concello de Lugo. O tempo de duración do contrato é dun ano prorrogable e o importe máximo anual é de 17.469,98 euros ive incluido.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova