Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Directora de Cine Oliva Acosta presenta o seu documental Las Constituyentes no Día Internacional da Muller


# Venres, 08/03/2013


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recibiron esta mañá á xornalista e directora de cine Oliva Acosta, que presenta o seu documental Las Constituyentes en Lugo, dentro das actividades do Día Internacional da Muller.

Oliva Acosta explicou que “este documental versa sobre as 27 mulleres, deputadas e senadoras, que dende o seu traballo parlamentario na lexislatura constituínte de 1977, foron protagonistas do cambio político cara a democracia en España.” Así, a través da experiencia persoal destas pioneiras, nárrase unha parte da historia da participación política das mulleres en España, analizando a situación actual das mulleres en política. Estas mulleres accederon ao Congreso e Senado español tralo periodo franquista, nas eleccións democráticas do 15 de xuño de 1977, e participaron na elaboración da Constitución Española de 1978, defendendo activamente a igualdade dos dereitos entre homes e mulleres na sociedade española.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova