Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco presentou esta mañá os novos vehículos cos que contará o servizo de limpeza


# Luns, 11/03/2013
Trátase de 8 vehículos que permiten unha maior rapidez e limpeza tanto de rúas como beirarrúas tamén en situacións de neve ou xeo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, presentaron esta mañá a nova maquinaria da que vai dispoñer o servizo de limpeza e que supón un investimento de 779.000 euros.

López Orozco destacou que “dispoñer de novas máquinas permítenos mellorar o sistema e temos que seguir traballando para manter ese premio de Escoba de Prata por ser unha cidade limpa e, o máis importante, é que todos os veciños e veciñas sintan que a cidade está nas mellores condicións”.

No mesmo sentido se referiu González Dopeso, que fixo fincapé en que Lugo xa estaba ben preparada para calquera situación meteorolóxica pero “desta maneira con este material aínda estaremos mellor xa que facitan as tarefas aos traballadores e permiten unha maior axilidade das mesmas”.

A maquinaria adquirida e que se presentou hoxe está composta por 1 varredora ROS ROCA City Cat 2020XL, con engrase centralizado, equipo de riego e baldeo; 2 varredoras ROS ROCA City Cat 2020XL, con engrase centralizado, mangote de aspiración, soporte de cuchilla quita-neves e cuchilla quita-neves. Tamén se presentaron varios equipos orientados á loita contra neve e xeadas, como un esparcidor de sal para colocación sobre camión, unha cuchilla quitaneves para colocación sobre camión e catro carritos esparcidores de sal para as aceras.

Neste paquete de melloras tamén se inclúen dous novos vehículos, aínda que se atopan en proceso de fabricación, un camión recolector de carga traseira con grúa, apto para a recollida de contedores soterrados, con chasis MERCEDES ECONIC 326 CV Euro5, y equipo ROS ROCA Cross con tolva de soterrados e grúa HIAB con mando a distancia e un camión recolector de 7,7 m3, con chasis ISUZU de 8 toneladas, equipo ROS ROCA Minimatic, para a recollida de residuos no casco Histórico. Este équipo é máis lixeiro que os actuais polo reduce o seu impacto no pavimento co que se retarda o deterioro do mesmo.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova