Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe a Adrian Maside, o novo Campión de España de parellas en Tenis de Mesa


# Mércores, 13/03/2013


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, recibiron esta mañá ao Subcampeón de España individual, e tamén Campeón de España en dobles en tenis de mesa, Adrián Maside Fernández. Este deportitas entrou na historia do tenis de mesa lucense ao obter dous podio no Campionato de España para discapacitados intelectuales que se celebrou en Pontevedra a principios de mes.

López Orozco manifestou que “é un placer ter unha Campión e Subcampión de España con nós e que o conseguiu a base de esforzo e de entrenamento” e felicitou tanto a Adrián como ás persoas que forman o equipo Dez Portas Tenis de Mesa, clube ao que pertence e que entrena nas instalacións municipais. Ademais lembrou que “os deportistas de éxito son o exemplo que siguen moitos outros rapaces e rapazas polo que é moi importante que se transmita que con traballo e esforzo se pode chegar lonxe”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova