Imprimir

O SERVIZO DE PROTECCIÓN CIVIL DESPEXOU DE NEVE O NÚCLEO DE PONDELO, NA ESTRADA DA FONSAGRADA


13/3/2013

O Servizo de Protección Civil do Concello de Lugo tivo que traballar esta mañá na limpeza de neve para evitar que quedara incomunicado o núcleo de Pondelo, na parroquia de San Martín de Carballido, na estrada da Fonsagrada.

Esta intervención na zona rural foi a única actuación que tivo facer hoxe o Servizo de Protección Civil.