Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla apagará as luces como mostra da adhesión do Concello na loita contra o cambio climático


# Xoves, 14/03/2013
Un ano máis o Concello participa na Hora do Planeta organizado pola WWF que terá lugar o sábado 23 de marzo entre as 20:30 e as 21:30

Imaxe Asociada
González Dopeso tamén anunciou o cambio de horario no Punto Limpo que será de 10 a 13 e de 16 a 20 horas de luns a sábado

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou hoxe en rolda de prensa a adhesión do Concello de Lugo á campaña A hora do Planeta de WWF. Entre as 20.30 e as 21.30 horas do vindeiro sábado 23 de marzo a Muralla apagará as súas luces para tomar conciencia do problema do cambio climático e coñecer a importancia da participación de todos na defensa do medio ambiente.

Neste sentido, González Dopeso, manifestou que “ese día apagaremos as luces exteriores da Muralla, porque a interior xa non funciona dende hai tempo, debe ser porque a Xunta súmase asi de forma simbolica ao apagón pero non durante unha hora senón durante o tempo que estime oportuno para repoñer as luces do adarve”.

A hora do planeta é a maior chamada á acción na que se pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e movilizar a 7.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático.

“Por eso queremos facer un chamamento á cidadanía para que se sume á campaña e durante unha hora apaguen as luces e actúen contra o cambio climático”, explicou o responsable da área de Medio Ambiente.

En España xa son máis de 50 cidades as adheridas á campaña e Lugo non podía quedar fora desta importante iniciativa. O mundo estará unido nesta iniciativa: celebrarase desde Mongolia á Arxentina, desde a Antártida ao Ártico. Apagaranse centenares de edificios e monumentos emblemáticos como a Porta de Brandemburgo en Berlín, o Museo de Historia Natural de Londres, a Torre Eiffel de París ou o Empire State de Nova Iork. En total son 150 países do mundo comprometidos coa campaña.

O Concello de Lugo súmase a esta iniciativa como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente.

Horario Punto Limpo

O Concelleiro de Medio Ambiente tamén informou do cambio de horario do Punto Limpo que ademais de ser máis eficiente tamén aforra costes ao Concello. Dende o próximo luns 18 de marzo as persoas que queiran achegarse ao Punto Limpo deberán facelo pola mañá entre as 10:30 e as 13:00 horas ou pola tarde entre as 16.00 e as 20:00 horas de luns a sábado. Lino González explicou que “os técnicos fixeron un estudo da afluencia de persoas e ditaminouse que en moitas delas non se achegaba ninguén” polo que se adoptou o novo horario que permite un maior aforro ao Concello.O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou hoxe en rolda de prensa a adhesión do Concello de Lugo á campaña A hora do Planeta de WWF. Entre as 20.30 e as 21.30 horas do vindeiro sábado 23 de marzo a Muralla apagará as súas luces para tomar conciencia do problema do cambio climático e coñecer a importancia da participación de todos na defensa do medio ambiente.

Neste sentido, González Dopeso, manifestou que “ese día apagaremos as luces exteriores da Muralla, porque a interior xa non funciona dende hai tempo, debe ser porque a Xunta súmase asi de forma simbolica ao apagón pero non durante unha hora senón durante o tempo que estime oportuno para repoñer as luces do adarve”.

A hora do planeta é a maior chamada á acción na que se pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e movilizar a 7.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático.

“Por eso queremos facer un chamamento á cidadanía para que se sume á campaña e durante unha hora apaguen as luces e actúen contra o cambio climático”, explicou o responsable da área de Medio Ambiente.

En España xa son máis de 50 cidades as adheridas á campaña e Lugo non podía quedar fora desta importante iniciativa. O mundo estará unido nesta iniciativa: celebrarase desde Mongolia á Arxentina, desde a Antártida ao Ártico. Apagaranse centenares de edificios e monumentos emblemáticos como a Porta de Brandemburgo en Berlín, o Museo de Historia Natural de Londres, a Torre Eiffel de París ou o Empire State de Nova Iork. En total son 150 países do mundo comprometidos coa campaña.

O Concello de Lugo súmase a esta iniciativa como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente.

Horario Punto Limpo


O Concelleiro de Medio Ambiente tamén informou do cambio de horario do Punto Limpo que ademais de ser máis eficiente tamén aforra costes ao Concello. Dende o próximo luns 18 de marzo as persoas que queiran achegarse ao Punto Limpo deberán facelo pola mañá entre as 10:30 e as 13:00 horas ou pola tarde entre as 16.00 e as 20:00 horas de luns a sábado. Lino González explicou que “os técnicos fixeron un estudo da afluencia de persoas e ditaminouse que en moitas delas non se achegaba ninguén” polo que se adoptou o novo horario que permite un maior aforro ao Concello.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova