Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá terá lugar a I Velada Boxeo no polideportivo Palomar


# Xoves, 14/03/2013


Dende a Concellería de Deportes informan que mañá venres 15 de marzo terá lugar a I Velada Boxeo El Palomar 2013 que se celebrará no polideportivo Palomar ás 21:00 horas e organizado polo Club Boxing Cidade de Lugo.

O primeiro combate estará protagonizado por Cristian Álvarez do Club Boxing Cidade de Lugo debuta contra Pedro González que pertence ao mesmo clube na categoría de 64 kg welter lixeiros.

No segundo dos encontros serán os lucenses Miguel Andrés Chávez e Victor Pérez os que midan as súas forzas na categoría de 85 kg peso pesado. No terceiro combate e na categoría de 85 kg peso pesado competirán Julen Barbazan e Abel Saña.

No cuarto combate na categoría de 73 kg peso medio, Cristian Trujillo coñecido como o cachorro de Vilamor enfrentarase ao pontevedres Eloy Pillado. E xa no último combate, na categoría de 69 kg peso welter, competirán Oscar Rey e Dani Morón, ambos do Club Boxing Cidade de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova