Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Amplíase o prazo ata o día 22 de marzo para solicitar praza nos cursos de formación do programa +XTI


# Venres, 15/03/2013
Os cursos de creación de empresas on-line e outro de director de tempo libre, están orientados á mozos e mozas de entre 18 e 30 anos desempregados

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informa da ampliación do prazo, ata o 22 de marzo, para poder inscribirse nas actividade de formación do programa +XTI Formación, coa que se pretende favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conten un interese e atractivo para a mocidade.

Está orientado para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos para complementar os coñecementos o que axuda moito á hora de atopar traballo. Ante os bos resultados dos cursos da edición anterior na que foron varios os alumnos que lograron un posto de traballo, decidiuse repetir en outras áreas nas que aínda hai nicho de mercado, como sinalou a Concelleira de Xuventude.

A inscrición debe facerse na Casa da Xuventude pero tamén se pode obter información na Oficina de Información Xuvenil (OIX) ubicado no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra. Os requisitos comúns será estar censado ou acreditar que traballan ou estudan na cidade e ter entre 18 e 30 anos.

Curso de E-Comercio
Esta actividade que conta cun total de 100 horas, 60 teóricas e 40 prácticas, vaise desenvolver os venres en horario de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. O número de prazas é de 20 persoas que poderán aprender a crear unha tenda on line entre o 23 de marzo e o 1 de xullo. O único requisito é ter entre 18 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 22 de marzo.

Curso de Director de Tempo libre
Este curso homologado pola Xunta de Galicia, de 300 horas, 150 teóricas e 150 prácticas, vaise desenvolver os fines de semana. O número de prazas é de 15 persoas que realizaran as actividades entre o 16 de marzo e o 18 de maio. O único requisito é ter entre 18 e 30 anos, ter o curso de monitor de tempo libre e inscribirse antes do 22 de marzo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova