Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Infraestruturas e Zona Rural acomete melloras en tres pistas da zona rural


# Venres, 15/03/2013


A Concellería de Infraestruturas e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, continúa coas melloras nos viais das parroquias con tres novas actuación que se levarán a cabo en Santa María de Bascuas, San Martiño de Ombreiro e San Xoán de Pena e que suman un investimento total de 33.500 euros.

Na parroquia de Bascuas levarase unha actuación consistente no reforzo de firme dunha pista no núcleo de Airexe para darlle servizo ó transporte escolar. O presuposto desta obra é de 13.500 euros.

A actuación programada para a parroquia de San Martiño de Ombreiro consiste no asfaltado dunha pista en Bandelo. Trátase do único camiño que quedaba pendente na zona para dar servizo a catro vivendas. O investimento neste caso é de 13.500 euros.

E o terceiro proxecto é o de reforzo do firme dunha pista en Nadela, na parroquia de San Xoán de Pena, que dispón dun orzamento de 7.500 euros. Neste caso, trátase de asfaltar o camiño que sae da urbanización o Portiño e que comunica cos accesos a Lugo. O proxecto consiste no asfaltado da totalidade dun camiño que estaba moi deteirorado, así como na recollida e condución das augas pluviais.

Rede Saneamento


O Concello tamén aprobou a contratación das obras para mellorar e reparar filtracións na rede de saneamento na confluencia da Rúa Azalea e Rúa Ulla por valor de 15.482,83 euros a empresa Sanle; e a reparación da rede de saneamento na rúa Carpaza por importe de 4.351,16 euros á empresa Portosar Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova