Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Punto Limpo abre dende hoxe de 10.30 a 13 e de 16 a 20 horas, de luns a sábado


# Luns, 18/03/2013


O Punto Limpo dispón dende este luns dun novo horario de apertura ó público, segundo lembrou a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Lino González Dopeso.

Estas instalacións, nas que se poden depositar residuos domésticos que non deben tirarse nos colectores do lixo, abren desde hoxe, en horario de mañá, a partir das 10.30 e ata as 13.00 horas e, polas tardes, de 16.00 a 20.00 horas, de luns a sábado.

O novo horario de funcionamento do Punto Limpo estableceuse tendo en conta as horas de máxima afluencia dos usuarios das instalacións que están situadas na rúa dos Carros, no polígono do Ceao.

No Punto Limpo pódense depositar residuos como pilas e baterías, radiografías, botes de pintura, toners, roupa, mobles, electrodomésticos e aparellos electrónicos, entre outros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova