Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O sábado realizarase unha xornada de portas abertas de Agility para os afecionados aos cans


# Mércores, 20/03/2013


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, acompañando polo Presidente do Clube Canedupo, Félix Fernández, presentaron as xornadas de portas abertas de Agility que se celebra este sábado día 23 na Praza Viana do Castelo.

O evento terá lugar entre as 16:00 e as 18:00 horas e está aberto a calquera propietario de cans que queiran achegarse e probar este deporte coa súa mascota. Ademais, ao longo da tarde tamén se realizará unha exhibición de agility organizada polo clube Canedupo xunto coa residencia de mascotas O Camiño e un taller práctico para todo aquel que queira participar cos seus cans.

Díaz Grandío manifestou “o apoio a todo tipo de deportes e especialmente a aqueles que se poden facer cos animais xa que proporcionan compañía” e destacou que se precisan mais información poden facelo a trabés do correo electrónico canedupoarrobagmail.com ou o 636507468.

O Agility é unha competición na que pode participar calquer can, teña ou non pedigree, e comprende diferentes tipos de obstáculos: saltos, obstáculos de zonas e obstáculos de paso, que os cans deberán pasar no menor tempo posible e evitando as penalizacións.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova