Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou a prórroga ata o 2014 no protocolo de adhesión ao programa Urbanismo en Rede


# Mércores, 20/03/2013
Luis Álvarez informou dos asuntos aprobados esta mañá e dos que destacan a revisión de prezos de varios contratos de servizos sociais

Imaxe Asociada
O Portavoz do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados esta mañá na Xunta de Goberno Local e sobre as que destacou a prórroga ata o 31 de decembro de 2014 do Protocolo de Adhesión ao Programa Urbanismo en Rede, que non supón ningún coste para o Concello, e que ten como finalidade o fomento da presencia en internet da información relativa ao planeamento urbano das cidades. “O Concello de Lugo dende un principio dispuxo o PXOM para que se puidese consultar na web e chegar dunha maneira máis fácil a todos os veciños e veciñas” segundo declarou Luis Álvarez

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a revisión de prezos segundo o IPC de diferentes contratos como pode ser o do servizo de Axuda no Fogar que se pasa a ter un prezo anual de 2.165.613 euros ive incluido e que presta un servizo a preto de 500 persoas que precisan axuda. Na área de Benestar Social tamén se aprobou a revisión de prezos da adxudicataria do servizo de comidas aos usuarios do Centro de Día Antonio Gandoy por un valor anual de 70.253,48 euros ive incluido e que ofrece máis de 14.440 menús anuais.

Tamén se aprobou a revisión de prezos do contrato coa adxudicataria do servizo de retirada de vehículos da vía pública e o seu traslado a depósito para o periodo entre o 1 de decembro de 2012 e o 30 de novembro de 2013, segundo a actualización do IPC novembro11-novembro12 do 2,4%, polo que o prezo máximo anual será de 583.362,04 euros ive incluido.

Segundo informou o portavoz do Goberno Local tamén se aprobou incoar expediente de imposición de penalidade diaria de 137,61 euros á empresa que realiza as obras de rehabilitación da Ponte Romana de Lugo ao incumprir o prazo total de execución da obra. Do mesmo xeito tamén se aprobou unha ampliación do prazo ata o 30 de abril para rematar a obra.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova