Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade presenta a IV edición do Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais


# Xoves, 21/03/2013
Ana G. Abelleira tamén informou que “o número de prazas dos Centros de Día vai seguir sendo o mesmo” e invitou ao PP a coñecer o funcionamento do servizo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou o IV Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que se enmarca dentro das actuacións do III Plan de Igualdade do Concello de Lugo.

González Abelleira explicou que “o obxectivo destas actividades é promover o valor da igualdade entre homes e mulleres dende a infancia para que medren con valores de respecto de cara a ambos sexos”. O certame está aberto a rapaces e rapazas con idades entre os 12 e 18 anos que deberán presentar os seus traballos nun máximo de 5 folios, en lingua galega e o tema é libre pero baseado na relación de igualdade entre homes e mulleres.

Os premios estarán divididos en dúas categorías, a primeira de 12 a 14 anos con premios valorados en 200, 100 e 60 euros, e unha segunda de entre 15 e 18 anos, cun premio valorado en 250, 150 e 100 euros. Os traballos serán enviados á Casa da Muller antes do día 24 de maio de 2013.


Centros de día
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade tamén explicou, en relación ás declaracións feitas polo grupo municipal do PP, que “paréceme unha vergonza que o partido dos recortes que ela representa e que a súa liña de traballo é destruír todo o benestar social acadado, teña a desfachatez de criticar o funcionamento do Centro de Día do Concello”.

Así mesmo, tamén a invitou a coñecer mellor o servizo xa que “demostra a súa ignorancia sobre o mesmo ao falar de varios centros de día cando só hai un que sexa municipal”. A este respecto, sinalou que o Concello ante a demanda de novas prazas para centros de día, e vendo que a Xunta non o facía, decidiu aumentar o número de prazas a través de centros privados mediante un contrato público para 22 prazas e co que se satisfacía o total das persoas que solicitaban praza. Por iso, agora “como o Goberno Municipal é responsable o que facemos é unificar esas prazas nun único contrato que nos permitirá aforrar diñeiro pero seguiranse mantendo todas as prazas que había que eran 22 más as que as empresas presenten como melloras”. Tamén lembrou que neste momento non hai lista de agarda xa que para considerala debe haber máis de 5 persoas sen praza e “non é o caso”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova