Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presentou o IV desfile de moda romana Lucus Moda que se celebrará o 27 de abril


# Venres, 22/03/2013
Os comerciantes que queiran participar poderán facelo inscribíndose entre o 1 e o 17 de abril a través do 010 ou na Oficina de Información Xuvenil

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira tamén informou de que dende hoxe se atopa aberto o prazo para a inscrición de nenos e nenas entre 12 e 17 anos nas actividades de Ocio +Xti

A Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Miriam Souto, de Miriam Souto Peluqueros, presentaron esta mañá en rolda de prensa a cuarta edición do Desfile de Moda Romana Lucus Moda, previo a festividade do Arde Lucus, e que terá lugar o 27 de abril na Praza de Santa Maior a partir das 19.00 horas.

Máis información programas +XTi en www.lugo.es/prevenciondrogas e descargando o programa:



Carmen Basadre anunciou que todos aqueles comercios que queiran participar deberán apuntarse entre o 1 e o 17 de abril tanto a través do 010 como na Oficina de Información Xuvenil situada no Centro Convivencia Uxío Novoneyra. A Concelleira salientou que “esta é unha boa oportunidade para que os comercios de Lugo dean a coñecer as súas propostas de cara o Arde Lucus e que a xente merque na cidade”.

Pola súa parte, Miriam Souto, explicou que este ano haberá máis de 60 modelos na pasarela e animou a todos a participar tanto na súa organización como no propio desfile “xa que é unha oportunidade única para dar a coñecer o que temos nas tendas e ademais temos moi bos resultados do ano pasado”. Polo que respecta aos deseños, tamén destacou que están feitos por asociacións, artesáns e deseñadores da cidade, xa que “se fai para que a xente colla boas ideas para confeccionar os seus propios deseños de vestiario e peiteados na súa casa”.

Actividades Xuventude

A Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, tamén informou que dende hoxe está aberto o prazo que as actividades do programa Ocio +XTI 2013. Estas actividades están dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos para ofrecer un ocio alternativo e de maneira gratuíta no que poden aprender dende interpretación de teatro, artes plásticas ou realizar actividades lúdicas. Para inscribirse e máis información a través do teléfono do 010.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova