Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá pecha o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais


# Martes, 26/03/2013
O Concello dispón de máis de 230 prazas de garderías, das que 141 son de nova adxudicación

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, que dirixe Esther Muñóz, lembra que mañá rematará o prazo de solicitude para optar as prazas nas catro Escolas Infantís Municipais que permanece aberto dende o pasado día 5.

As catro Escolas Infantís do Concello dispoñen dun total de 230 prazas para nenos menores de tres anos e nesta convocatoria ofrécense 141 prazas de nova adxudicación para o curso 2013/2014.

Así, na escola de Serra de Outes ofértanse 37 prazas de novo acceso, outras 21 están reservadas para nenas e nenos xa matriculados no presente curso 2012/2013, e 3 prazas para emerxencia social.

En canto á escola Gregorio Sanz, ten 37 prazas de novo acceso, 21 prazas reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados, e 3 prazas quedan reservadas para emerxencia social.

No caso da escola Luis Souto Menor (San Fiz), o número de prazas de novo acceso son 37, o de reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados son 21 prazas, e 3 quedan reservadas para emerxencia social.

Na escola infantil da Piringalla, ofértanse 31 de novo acceso, 21 prazas reservadas para alumnas e alumnos xa matriculados, e 3 quedan reservadas para emerxencia social.

Para solicitar praza por primeira vez será necesario cumprimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Os impresos poden descargarse no sitio web do Concello, na Concellería de Educación.

Poderán informarse deste proceso nas propias escolas infantís, no portal web do Concello www.lugo.es ou chamando ao número de atención ao cidadán 010.

A documentación para a solicitude de prazas nas escolas infantís pódea atopar no apartado Sede electrónica - “Tramita na túa casa” deste mesmo portal.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova