Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe celébrase o 60 aniversario da participación da Armada nos actos de Luns Santo


# Luns, 25/03/2013
O Alcalde e o Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol presidiron os actos da mañá, ós que tamén asistiu diferentes autoridades lucenses

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O desfile correu a cargo dunha escuadra de gastadores, unha sección de honores do Tercio Norte e a banda de música

Pola tarde a Armada participará na procesión da Virxe da Esperanza que percorre as rúas do Casco Histórico



O Concello de Lugo e a Armada celebraron hoxe o sesenta aniversario da participación da mesma nos actos organizados o Luns Santo escoltando á Virxe da Esperanza. Esta vinculación remóntase aos primeiros anos da Guerra da Independencia, cando no ano 1809 o Tercio Norte tomou parte activa na defensa da cidade de Lugo, derrotando aos franceses no sitio actual das Gándaras, evitando así a súa toma polas tropas de Napoleón.

Máis tarde, en 1953, o entón Ministro de Marina recibiu en nome da Armada o título de Irmán Maior Honorario da confraría da Virxe da Esperanza momento dende o que a Armada participa ininterrompidamente nos actos da Semana Santa de Lugo escoltando na súa procesión a Virxe da Esperanza. Neste sentido, tamén renovou, un ano máis, o seu apoio á Semana Santa de Lugo coa parada militar que se celebrou esta mañá na praza Maior e da que puideron desfrutar numerosos lucenses.

Os actos comezaron na Casa do Concello, onde o Alcalde, José López Orozco, acompañado polo Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, e o resto da Corporación municipal recibiron ás autoridades. Deseguido, as autoridades civís trasladáronse aos soportais da praza Maior, onde estaban formadas as tropas, compostas por unha escuadra de gastadores, banda de música, un cornetín de órdenes do Tercio do Norte, dúas seccións de Honores do Tercio do Norte e unha do Arsenal.

Diante da Casa do Concello o Alcalde e o resto das autoridades civís recibiron ó Almirante Jefe da Armada de Ferrol, Almirante Manuel Garat Caramé, que encabezou a representación militar. Despois de pasar revista ás tropas e saudar ás autoridades civís, o Almirante e o Alcalde presidiron a tradicional parada militar.

Unha vez rematado o desfile, que foi presenciado por un número importante de persoas, as autoridades acudiron ó despacho da Alcaldía e o Almirante Xefe da Armada de Ferrol asinou no Libro de honor onde escribiu a seguinte dedicatoria:

Un año más la Armada siente el profundo orgullo de “desembarcar” en la hermana ciudad de Lugo, donde nos nutrimos de esa su vía vital que nutre nuestra pasión por servir al pueblo español. En ningún lugar mejor que esta Grande Ciudad nos sentimos en puerto amigo.

A continuación, o Alcalde pronunciou un breve discurso no que lle deu a benvida e destacou que “é un placer que estea na nosa cidade representando á Armada española”. Tamén dixo que “neste momento económico e social debemos ter esperanza polo que nos depara o futuro e a única maneira de saír será a unión de todas as forzas por un obxectivo común como a Armada fixo en diferentes momentos da historia”. Tamén lembrou que “este é un aniversario moi especial porque son moitos anos nos que os membros da Armada acompañan a todos os lucenses durante a Semana Santa” por invitación da Confraría da Virxe da Esperanza, que tamén tomou parte nos actos da mañá cunha representación encabezada polo seu Irmán maior, Isabel Lagares.

Pola súa parte, o Almirante Xefe da Armada dixo que “a Armada está encantada da amabilidade da cidade de Lugo cara nós”. Dixo, ademais, que “con esto o que pretendemos é perpetuar unhas relacións estreitas e fraternais entre as dúas cidades para que os veciños de Lugo sintan como propia a base naval de Ferrol.”

Xa pola tarde, ás sete e media terá lugar a recepción ás autoridades no Concello e ás 20.30 está programada a saída da procesión da Virxe da Esperanza da Igrexa da Nova. O itinerario da procesión que organiza a Insigne Confraría da Virxe da Esperanza recorrerá a praza de Anxo Fernández Gómez, Campo Castelo, Ronda da Muralla, Bispo Aguirre, fondo da Praza Maior, Conde Pallares, Santo Domingo, Raíña, Praza Marior (diante do Concello) e rematará na praza de Anxo Fernández Gómez.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova