Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Está aberto o prazo para solicitar praza de dous novos cursos de Formación do programa +XTI


# Martes, 26/03/2013
Trátase dun curso de comercial de ventas e outro de monitor de talleres de educación medioambiental para mozos e mozas entre 16 e 35 anos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Tamén está aberto o prazo para inscribirse nas actividades de ocio que se levaran a cabo tanto na Praza do Castiñeiro como no Centro Social Uxío Novoneyra

Dende a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, infórmase da apertura do prazo para a matrícula en novos cursos de formación do programa +XTI Formación, cos que se pretende favorecer a ocupación e incorporación laboral dos mozos e mozas a través de formacións demandadas.

Estes dous novos cursos, un de Comercial de Ventas e outro de Monitor de Educación Medioambiental, súmanse aos de E-Comercio, Pastelería e Director de Tempo Libre, que xa cubriron todas as súas prazas.

Neste ocasión amplíase a idade para acceder aos cursos que están orientados a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos desempregados ou que remataron os seus estudos. Ante os bos resultados dos cursos da edición anterior na que foron varios os alumnos que lograron un posto de traballo, decidiuse repetir en outras áreas nas que aínda hai nicho de mercado, como sinalou a Concelleira de Xuventude.

A inscrición debe facerse na Casa da Xuventude pero tamén se pode obter información na Oficina de Información Xuvenil (OIX) situado no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Os requisitos comúns será estar censado ou acreditar que traballan ou estudan na cidade.

Curso de Comercial de Ventas
Esta actividade que conta cun total de 50 horas, vaise desenvolver os venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas entre o 12 de abril e o 31 de maio. O número de prazas é de 20 persoas que aprenderán as mellores técnicas comercias para a venda de produtos. Un dos requisitos é ter entre 16 e 35 anos e inscribirse gratuitamente antes do 5 de abril.

Curso de Monitor de educación medioambiental
Esta actividade que conta cun total de 60 horas que se desenvolverán os venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. O número de prazas é de 15 persoas que coñecerán como realizar talleres que promovan a educación ambiental entre o 12 de abril e o 7 de xuño. Un dos requisitos é ter entre 16 e 35 anos e inscribirse gratuitamente antes do 5 de abril.


OCIO +XTI

O programa de +XTI está composto por diferentes accións alternativas para a prevención de problemas de drogodependencia nos mozos e mozas. Así, tamén está aberto o prazo para apuntarse nas actividades de ocio do programa que se dividen en ocio, artes plásticas e interpretación e teatro. Así, as actividades de ocio levaranse a cabo na Praza do Castiñeiro os sábados entre o 6 de abril e o 29 de xuño, nas que os mozos e mozas poderán participar en actividades como tiro con arco, obradoiros artesanais, maxia ou xogos de mesa.

No apartado de artes plásticas, os mozos e mozas, poderán realizar decoración de camisetas, bixutería e pintura sobre madeira. As actividades serán en grupos de 12 persoas entre o 9 de abril e o 22 de xuño no Centro Social Uxío Novoneyra, en tres grupos diferentes: un os martes de 16:30 a 20:30 horas, outro os venres de 16:30 a 20:30, e un grupo os sábados de 09:30 a 13:00 horas.

Nas actividades de interpretación e teatro, os alumnos aprenderán técnicas de relaxación, construción de personaxes ou dramatización todos os venres dende o 5 de abril ao 28 de xuño en horario de 16:30 a 18:30 horas no Centro Social Uxío Novoneyra.

Estas actividades están dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos para ofrecer un ocio alternativo e de maneira gratuíta. Para inscribirse e máis información a través do teléfono do 010.

Máis información en www.lugo.es/prevenciondrogas e nos seguintes documentos:

 

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova