Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presidiu esta tarde a recepción no Concello aos mandos do Exército que participan na Procesión do Cristo do Perdón e da Virxe da Piedade


# Martes, 26/03/2013


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta tarde a recepción que lle ofreceu o Concello aos mandos do Exército de terra que participaron na Procesión do Cristo do Perdón e da Virxe da Piedade. No acto, ademais do Alcalde, participaron tamén outros membros da Corporación municipal.

López Orozco obsequiou con un libro sobre a historia de Lugo ó Comandante Figueira Massa, da Brigada de infantería lixeira aerotransportable Galicia VII, con base en Figueirido, que encabezou ás tropas, en representación do Xeneral Xefe da Rexión Militar Noroeste.

O acto tivo lugar antes da participación das tropas do Exército de terra na procesión do Cristo do Perdón e da Virxe da Piedade, que comeza ás 20.30 na Catedral para percorrer de seguido o itinerario formado por Praza Pío XII, Bo Xesús, Casas Nóvoa, Praza Maior, Rúa da Raíña, Santo Domingo, Armanyá, Tenente coronel Teijeiro, Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior, Casas Nóvoa, Bo Xesús e Catedral.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova