Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visitou o IES As Mercedes para expresar o seu apoio á comunidade escolar na súa loita contra a decisión da Xunta de suprimir as ensinanzas de Secundaria e Bacharelato deste centro


# Mércores, 27/03/2013


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
López Orozco manifestou a súa preocupación por unha medida que “non é o problema dun instituto senón de toda a cidade”, porque dana ó ensino público

O Alcalde lembrou que hai poucas semanas o propio Conselleiro de Educación eloxiou o funcionamento do IES As Mercedes e anunciou que o Pleno do Concello tratará o luns unha proposición do Goberno que insta á Xunta a reconsiderar a súa decisión


O Alcalde, José López Orozco, visitou esta mañá o IES As Mercedes, atendendo unha invitación que lle fixo a comunidade escolar do centro, para manifestarlles o seu total apoio a profesores, pais e nais de alumnos na loita que emprenderon contra os plans da Xunta de Galicia de transformalo nun Centro integrado de Formación Profesional o que suporá que o IES As Mercedes deixe de impartir, a partir do vindeiro curso académico, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, se a Consellería de Educación mantén a súa decisión.

O Alcalde destacou a súa preocupación pola medida tomada no último Consello da Xunta e remarcou que “este non é o problema dun instituto, senón de toda a cidade de Lugo” porque perxudica a todo o ensino público e preguntouse “onde van ser escolarizados os nenos que reciben aquí unha esmerada educación, noutros centros nos que se aumentará o número de alumnos por aula?”.

López Orozco asegurou que o IES As Mercedes “é un instituto que funciona moi ben”, como recoñeceu o propio Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, que loubou a este centro hai só unhas semanas cando asistiu a un acto con motivo dun importante premio de investigación, desenvolvemento e innovación concedido a este centro.

“A comunidade escolar sabe que estamos ó seu lado desde o primeiro momento, contan co apoio do Alcalde, do PSOE e espero que da totalidade da Corporación que representamos ós veciños de Lugo, porque éste é un problema de toda a cidadanía”, salientou López Orozco.

O Alcalde anunciou que hoxe mesmo o Grupo socialista presentou unha proposición, que se vai tratar o vindeiro luns no Pleno municipal, na que o Concello insta ó Goberno galego a rectificar o acordo tomado polo Consello da Xunta do 21 de marzo de transformación do IES As Mercedes de Lugo nun Centro integrado de Formación Profesional.
 
Pola súa parte, o Presidente da ANPA, Luis Blanco, manifestou que o IES As Mercedes dá servizo a unha zona na que están censados orredor de 950 nenos, dos que 742 están matriculados neste centro e explicou que onte reuníronse co Xefe territorial de Educación que non lles aclarou onde teñen previsto escolarizar ós alumnos e sinalou que “puxeron como excusa para a desaparición do instituto que hai unha demanda crecente de Formación Profesional”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova