Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación da ordenanza de cesión de pisos de emerxencia social para acoller a persoas que sufran desafiuzamentos


# Mércores, 27/03/2013


Imaxe Asociada
Luis Álvarez informou da modificación da ordenanza da Axuda no Fogar para dar cumprimento a esta obriga legal ditada polo Goberno Central e vai aplicar a menor porcentaxe do abano para non afectar aos usuarios

O Concello de Lugo aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá a modificación do proxecto da ordenanza reguladora do réxime de funcionamento e cesión dos pisos de emerxencia social para incluir, por primeira vez, a persoas en situacións de risco residencial con motivo de desafiuzamentos sempre e cando as persoas estén empadroados en Lugo.

Desta maneira regúlanse as condicións, requisitos de acceso e réxime de autorización de uso para a ocupación temporal dos pisos de emerxencia social de titularidade municipal, que teñen por finalidade proporcionarlles un aloxamento inmediato e provisional a aquelas persoas nas circunstancias recollidas na ordenanza. Esta modificación prodúcese para permitir que poidan acceder a estas vivendas as persoas que perdan a súa casa por mor dun proceso de desafiuzamento, tal como se acordou na Comisión constituída no Concello para estudar o problema dos desafiuzamentos

O Portavoz do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, manifestou que “tratamos de facilitar o acceso a unha vivenda digna a aquelas persoas que en algún momento o necesiten”.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a modificación do proxecto da ordenanza reguladora do servizo de Axuda no Fogar para dar cumprimento a esta obriga legal ditaminada polo Goberno Central e vai aplicar a menor porcentaxe do abano que dá o Goberno para evitar perxudicar aos usuarios. Luis Álvarez informou que “non nos queda outra alternativa ante as normativas aprobadas polos gobernos do PP e faremos todo o posible para que todos poidan seguir desfrutando deste servizo”.

As modificacións levadas a cabo polo Goberno da Xunta e do Estado, obrigan á participación no financiamento do servizo por parte das persoas usuarias deste servizo e só quedarán exentos de pago 50 dos 280 usuarios do servizo, 10 terán que pagar cando antes non o facían e o resto deberá aportar máis do que viña aportando. O custe do servizo é de 16 €/hora e sobre dito prezo aplicaranse as seguintes porcentaxes, dacordo coa capacidade económica do usuario:

-menor do 0,80 do IPREM (menos de 5.900 euros) queda exento
-entre o 0.80 e o 1,50 do IPREM (entre 5.900-11.100 euros) deberá aboar o 10% do custe do servizo (1,6 €/h). Para este nivel de ingresos os topes legais van do 10% ó 30%.
-entre o 1,50 e o 2 do IPREM (entre11.200-14.400 euros) deberá aboar o 20% do custe do servizo (3,2 €/h). Neste grupo, os topes legais oscilan entre o 20% e o 50%.
-entre o 2 e o 2,5 IPREM (14.400-16.500 euros) deberá aboar o 40% do custe do servizo (6,4 €/h). Neste caso, o abano vai do 40% ó 70%.
-maior do 2,5 do IPREM (máis de 16.500 euros) deberá aboar o 60% do custe (9,6 €/h). Para este grupo, os topes oscilan entre o 60% e o 90%.

Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local foi a contratación do servizo de produción, apertura e vixilancia necesarios para o desenvolvemento de espectáculos e actividades culturais na rúa no Auditorio Municipal Gustavo Freire e o no Museo Interactivo da Historia de Lugo. O prazo do contrato será de 2 anos podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos. O prezo para a primeira anualidade é de 119.900 ive incluido en el está previsto a contratación de 104 xornadas diferentes co que “conseguimos un aforro ao unificar varios servizos nun só optimizando o presuposto” segundo declarou Luis Álvarez.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova