Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Ata o 19 de abril está aberto o prazo para os establecementos que queiran participar na segunda edición do Ars Magirica


# Luns, 01/04/2013
Carmen Basadre destacou a importancia da participación dos hostaleiros da cidade tanto para a súa propia promoción como para a da cidade

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería, Cheché Real, presentaron as bases para a participación dos establecementos na segunda edición do Ars Magirica.

Trátase dunhas xornadas gastronómicas que complementan ao resto de actividades pero dende un punto de vista culinario, de maneira que os cidadáns poidan coñecer as costumbres gastronómicas da época e degustar os sabores da antiga Roma entre o 3 e o 26 de maio.

Carmen Basadre destacou que “esta é unha maneira de promocionar a hostalaría da cidade para que todo o mundo teña ganas de repetir” e incidiu en que “agardamos que o número de participantes superen aos do ano pasado xa que se trata dunha proposta moi interesante”. O prazo de inscrición para participar nas II Xornadas Gastronómicas Romanas de Lugo será ata o 19 de abril de 2013.

Para participar na Ars Magirica, Xornadas Gastronómicas Romanas, os interesados deberán cubrir o formulario de inscrición que poderá atopar en: http://inscripcion.ardelucus.com . A inscrición no concurso confirmarase no seu correo electrónico.

As persoas que non dispoñan de internet poden presentar a súa solicitude nas dependencias da Concellería de Xuventude para a súa tramitación. Na ficha de inscrición detallarase a tapa e/ou menú, prezo e horarios durante as xornadas.

A votación para o dito concurso será vía internet dende a páxina www.ardelucus.com , só podéndose votar unha vez por cada tapa ou menú. Haberá dous premiados, á mellor tapa e ao mellor menú Arde Lucus. Os menús e as tapas puntuaranse de 1 a 5 puntos, valorando todas as calidades (presentación, sabor, adaptación á época...). Todos os que participen nas votacións entrarán nun sorteo dun lote de produtos típicos.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova