Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello crea as primeiras Zonas 30 de Lugo en Augas Férreas e no Barrio Feijóo


# Martes, 02/04/2013
Os veciños destes barrios poderán disfrutar máis da rúa ó limitarse a 30 km a velocidade do tráfico no interior das dúas zonas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde inspecciona os traballos de sinalización que comezaron na Praza de Augas Férreas

O Alcalde, José López Orozco, inspeccionou hoxe na praza de Augas Férreas os traballos cos que comezou a creación de dúas Zonas 30 na cidade, unha delas na zona de Augas Férreas e a outra no Barrio Feijóo.

O Concello pon en marcha esta semana un proxecto consistente na limitación da velocidade a 30 kilómetros por hora nas rúas que compoñen os dous barrios.

O Alcalde explicou que o obxectivo deste plan é contribuir a mellorar a calidade de vida e a facilitar a convivencia veciñal nas dúas zonas, mediante a diminuición da velocidade á que poden circular os vehículos polo interior dos dous barrios, mentres que permancecerán como vías de paso as rúas que os circundan.

López Orozco manifestou que, con esta limitación da velocidade, trátase de favorecer o uso e disfrute polos veciños dos distintos espazos públicos existentes en Augas Férreas e o Barrio Feijóo e protéxese a seguridade dos peóns que usen as rúas dos dous barrios como zona de estar.

A elección de Augas Férreas e do Barrio Feijóo para a creación das primeiras Zonas 30 de Lugo débese a que se trata de dúas zonas de uso claramente residencial e porque teñen unha estrutura que os técnicos consideran a idónea para acometer este proxecto de reducción da velocidade. 

O plan de creación das dúas Zonas 30 inclúe a instalación de paneis sinalizadoras de que a máxima velocidade permitida é de 30 kilómetros por hora, limitación que tamén se fará constar nas sinais que se pintarán no chan e, ademais, poñeranse bandas redutoras da velocidade no contorno dos dous barrios.

En Augas Férreas, a Zona 30 quedará delimitada polas seguintes vías: Avenida de Madrid, Ronda Xosé Castiñeira, Bernardino Pardo Ouro e Estrada da Granxa.

Neste barrio, a sinalización da limitación de velocidade completase coa instalación de 120 bolardos flexibles en todos os cruces co fin de protexer os rebaixes e pasos de peóns.

No caso do Barrio Feijóo, a Zona 30 quedará delimitada pola Avenida da Coruña, Perpetuo Socorro, Alexandre Bóveda e Otero Pedraio.

A creación das dúas Zonas 30 forma parte do Plan de Sinalidade e Seguridade Vial que está a desenvolver o Concello. Este Plan conta cun orzamento total de 91.919 euros e tamén inclúe a instalación de 48 banderolas de AIMPE, é dicir, de sinais de dirección de diversos edificios e instalacións públicas como poden ser o HULA ou as sedes da Policía Local e Protección Civil e da Casa da Xuventude, ademais do pintado de rúas, pasos de peóns e paradas de autobús, entre outras medidas orientadas a mellorar a seguridade do tráfico e a sinalización vial.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova