Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e a Asociación Parkinson Lugo colaboran na conmemoración do Día Mundial do Parkinson


# Martes, 02/04/2013
O día 11 de abril celebraranse dúas charlas informativas no Uxío Novoneyra

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González, e a Asociación Parkingon Lugo conmemorarán o Día Mundial do Parkinson, que se celebra o 11 de abril, coa organización de dúas charlas que se van celebrar no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

A primeira delas, titulada “O doutor responde ás preguntas sobre a enfermidade do Parkinson”, estará a cargo do Doutor Pego, que é neurólogo do Sergas. Trátase dunha charla interactiva na que os usuarios poderán participar activamente formulando ao doutor todas as dúbidas relativas ao Parkinson.

Ademais, a fisioterapeuta da Asociación, Susana Penín, falará sobre “A importancia da fisioterapia no Parkinson”.

A Presidenta da Asociación Parkinson Lugo, Mari Carmen Pena Ledo, actuará como moderadora neste acto que ten como obxectivo ofrecer toda a información posible á poboación proporcionando un espazo de información directa no que poder preguntar todas as inquedanzas, dúbidas e aspectos que axuden a clarificar que é e en que consiste esta enfermidade.

As charlas celebraranse o xoves 11 de abril ás 19:00, no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, 2º andar.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova