Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe aos xogadores do Azkar Lugo despois de gañar a Copa de Galicia


# Mércores, 03/04/2013
Trátase da quinta copa para o equipo lucenses que consolida así o seu dominio dentro das categorías de futbol sala

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, recibiron a visita do equipo de fútbol sala Azkar Lugo F.S. que ven de gañar a Copa Xunta de Galicia.

Desta maneira, o Azkar Lugo corouse como campión galego ao gañar na localidade de Sarria a XXII Copa Xunta de Galicia tras derrotar ao Santiago Futsal, o pasado xoves 28 de marzo.

López Orozco agradeceu ao equipo “que nos faga desfrutar desta maneira e que leven o nome de Lugo por toda Galicia“ e sinalou que “é toda unha honra para a cidade ter un equipo de élite que despois de tanto esforzo vai conseguindo o que realmente se merece que é estar entre os primeiros”.

Pola súa banda, o Presidente do Azkar Lugo F.S., Manuel Vázquez, agradeceu a colaboración de todas as institucións especialmente “ao Concello de Lugo porque sempre está nos bos e nos malos momentos e por iso quixemos compartir este trofeo”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova