Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo reunirase o venres co Conselleiro de Cultura e Educación para tratar temas relacionados coa educación na cidade


# Mércores, 03/04/2013


Imaxe Asociada
Luis Álvarez manifestou “a súa preocupación pola traxectoria errante do PP e polos seus continuos cambios de parecer” e pediulles “un pouco de seriedade por respecto aos veciños e veciñas”.

O Portavoz do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, anunciou a reunión o próximo venres entre o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, no que se tratarán diversos temas educativos relacionados coa cidade como son o do futuro colexio do Sagrado Corazón ou a supresión de secundaria e bacharelato no IES As Mercedes.

Así, Luis Álvarez, manifestou que “celebramos esta reunión e agardamos que o resultado desa entrevista sexa un avance definitivo na solución dos problemas tanto do Sagrado Corazón como de As Mercedes“, lembrando que de “o Goberno Municipal vai traballar seguido e con firmeza na solución destes problemas”.

Neste sentido, mostrou a súa perplexidade pola actitude do PP de Lugo e afirmou que “andan co paso cambiado no tema do colexio do Sagrado Corazón, e en moitos outros, xa que se está vendo que non teñen ningún proxecto concreto educativo” e sinalou que “pensamos que teñen un serio problema co seu portavoz Jaime Castiñeira ante determinadas actuacións que están tendo en materia educativa”. Así, referiuse ao voto en contra do Partido Popular á moción que se aprobou no Pleno para a paralización da transformación do IES As Mercedes nun centro integrado de FP e que “foi unha petición trasladada pola comunidade educativa do instituto”.

“En todo caso espero que os membros do grupo municipal do PP sexan conscientes de que a aplicación desta medida vai deixar todo o sur da cidade sen un só instituto de educación secundaria” segundo o Concelleiro de Urbanismo.

O Portavoz do Goberno Local tamén puxo como exemplo desa traxectoria errática que sigue o PP de Lugo o cambio de criterio sobre a peonalización explicando que “o luns presentaron unha moción de urxencia sobre todo o relacionado coa rúa Quiroga Ballesteros e hoxe aparecen dicindo que todo o centro debe ser peonil” e insistiu en que “agradeceríamos un pouco máis de seriedade e planificación xa non só por nós, senón por todos os veciños e veciñas”.

Asuntos XGL

Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobáronse as bases específicas para o acceso en propiedade a unha praza de tradutor/a pertencente ao cadro de persoal funcionario en quenda de consolidación de emprego temporal. A titulación requirida é a de grado en estudos de galego e español ou grado en Tradución e Interpretación ou ter superados tres anos das licenciaturas de Tradución e Interpretación ou da Licenciatura de Filoloxía Galega.



Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova