Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presenta o II Estudo Sociolóxico sobre hábitos de consumo en mozos e mozas de Lugo


# Venres, 05/04/2013
O estudo levado a cabo polo Servizo de Prevención de Drogodepencias pódese consultar na web www.lugo.es/prevenciondrogas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Xuventude tamén presentou as actividades de ocio Sábados +XTI que se celebran na Casa da Xuventude

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Técnico municipal do Servizo de Drogodependencias, Lidia Platas, presentaron o II Estudo Sociolóxico sobre hábitos e consumo de drogas entre os mozos e mozas de Lugo.

Carmen Basadre explicou que “este estudo pretende ser un referente para toda a poboación preocupada e afectada directa ou indirectamente polo consumo de drogas en xeral, e especialmente polo que levan a cabo os mozos e mozas lucenses entre os 10 e 18 anos” ademais de que “os resultados axúdannos a orientar as actividades e os cursos sobre prevención para que sexan máis eficaces”.

Para realizalo, o Servizo de Prevención de Drogodependencias, elaborou 2 cuestionarios eshaustivos un para aplicar aos alumnos do último ciclo de Primaria e outro para a ESO e Bac. A participación do 100% dos centros educativos fixo posible que responderan un total de 2.411 mozos e mozas lucenses dos que 1.589 eran correspondían con ESO e Bac e 822 alumnos eran de 5º e 6º de Primaria. O primeiro estudo levouse a cabo no ano 2005 para coñecer de primeira man os hábitos e actitudes que a poboación escolar lucense de entre 10 e 18 anos tiña sobre as drogas. A partir dos resultados obtidos o Concello puido traballar en base a unha realidade concreta, a uns consumos e actituis reais para poñer en marcha talleres de prevención máis concretos e eficaces.

Destas enquisas elaborouse unha base de datos que está dipoñible na páxina web www.lugo.es/prevenciondrogas para que calquera persoa interesada poida consultalo e analizalo para ver como é a situación real da sociedade.

A responsable da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, explicou que con este estudo coñecemos os tipos de consumo, o lugar no que consumen, con quen o fan e os coñecementos que teñen das drogas, as aptitudes da xuventude e dos propios pais e nais. Así, en Primaria salen resultados como que 1 de cada 5 nenos menores de 13 anos probaron o alcol sendo menores de 10 anos e fixeronno dentro do propio fogar. As bebidas que teñen probado son o champán e a cerveza. Deles, o 70%, saben que o alcol e o tabaco son drogas e o 97% nunca probaron o tabaco.

No caso do alumnado da ESO e Bac, os resultados aportan que case un 50% dos mozos e mozas de 18 anos nunca probaron o alcohol e que o 85% chegaron á maioría de idade sen probar os porros. Curiosamente, dos alumnos enquisados, a cuarta parte descoñecen que o alcol é unha droga.

Pola súa parte, Lidia Platas, explicou que “con respecto ao ano 2005 notouse un descenso moi acusado no consumo de tabaco entre os mozos e mozas de ata 18 anos que pasou dun 30% a menos dun 10% o que significa que os talleres comezan a dar os seus froitos”.

Actividades +XTI

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua tamen presentou as actividades de prevención de drogodependencias entre a mocidade lucense a través dunha nova campaña baixo o nome de Sábados +XTI.

A Concelleira indicou que “o obxectivo é evitar prácticas pouco saudables, así como a iniciación no consumo de alcol e tabaco promovendo actividades saudables e lúdicas que resulten atractivas para a mocidade nun espazo no que socializarse e no que non se asocie o uso das drogas coa diversión”.

Entre as actividades destaca o parkour (ou arte do desplazamento), urban dance, skaters, torneos deportivos ou concertos de música. Todas elas terá lugar os sábados entre as 11:00 e as 14:00 e entre as 17:00 e as 21:00 horas na Casa da Xuventude. Así, os mozos e mozas de entre 12 e 19 anos poden achegarse a Casa da Xuventude para ter máis información das actividades.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova