Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 20 magos e ilusionistas van participar na X Semana Internacional de Maxia de Lugo que se celebra entre o 5 e 11 de maio


# Xoves, 11/04/2013
Haberá diferentes actividades polas rúas da cidade ademais de catro galas no Auditorio Gustavo Freire

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Como novidade haberá un autobús máxico dos anos 50 que levará a maxia a diferentes barrios de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Manuel Lamas, Presidente do Colectivo Máxico Waldemar que aglutina aos magos de Lugo, e os Magos Rafa e Teto, presentaron a X edición de Lugo Máxico, a Semana Internacional de Maxia de Lugo.

Desta maneira, Lugo, converterase na capital galega da maxia entre o 5 e o 11 de maio onde se darán cita máis de 20 magos chegados de diferentes partes do mundo e que farán máis de 70 espectáculos en diferentes espazos da cidade.

Carmen Basadre destacou que “nestes tempos tan difíciles tratamos de traer un pouco de ilusion e sorpresa cos diferentes trucos de maxia que se van facer tanto no Auditorio como polas diferentes rúas da cidade” ademais sinalou que “é un festival consolidade que atrae a moitas persoas doutras cidades que veñen desfrutar da mellor maxia a Lugo”.

Durante toda a semana, 20 magos chegados de lugares como Arxentina ou Rusia farán as delicias de todos os lucenses, que poderán disfrutar de máis de 70 actuacións repartidas por toda a cidade. Haberá actuacións de rúa na Praza Maior, na Praza das Gándaras, en Augas Férreas, na Praza da Milagrosa e na praza do Castiñeiro, así como no Hospital Lucus Augusti, no centro de día Antonio Gandoym nas catro Escolas Municipais Infantis, no Mesón do Forno, no Morrigan, no Balneario de Lugo, na Bolera, no Babilonia, en Aspnais e no local da asociación Alume.

Como novidade este ano está tamén o Magomobil, un teatro máxico situado no Fondo da Praza Maior no que de luns a venres en horario de 17:00, 18:00 e 19:00 horas realizaranse pases de maxia con diferentes magos. Ademais tamén percorrerá a cidade un autobús máxico dos anos 50 no que tamén se desenvolverán trucos de maxia para todas as idades. Este autobús estará o luns 6 e martes 7 de maio na Praza da Milagrosa e o mércores 8 e xoves 9 na Praza de Augas Férreas. “Trátase de achegar a máxia todos os barrios das cidades para que maiores e pequenos poidan desfrutar dela e sorprenderse” segundo explicou o mago Rafa.

Galas no Auditorio


A X Semana Internacional de Maxia de Lugo, arrincará o próximo 5 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire, cunha Gala Infantil a cargo do Mago Kayto, considerado un dos mellores magos infantis de España, e que presenta o espectáculo Alokayto. Será ás 19:00 horas e terá un prezo único de 5 euros.

Gala René Lavand que será o xoves 9 de maio ás 21:00 horas a cargo de René Lavand, un dos magos máis famosos a nivel internacional e que dará a coñecer o espectáculo Juegos para mis elegidos e que non deixará indiferente a ninguén. A entrada terá un prezo único de 10 euros.

Para o venres 10 de maio tamén hai preparada a Gala Mag Lari baixo título Sonrisas y magia, dirixida por un dos mellores ilusionistas de España Mag Lari, que realizará trucos espectaculares como a desaparición de persoas, entre outras moitas. A entrada terá un prezo único de 10 euros.

Finalmente, o sábado 11 de maio, terá lugar a Gran Gala Lugomáxico 2013 ás 21:00 horas. Unha vez máis unha gala espectacular cunha selección dos mellores magos do mundo chegados de diferentes partes do planeta para amosarnos a mellor maxia que se pode ver nestes momentos. Participarán os magos Sos and Victoria procedentes de Rusia, o mago Sun, que recibiu o Premio Nacional de Maxia 2011, o mago Nuel, o mago Jaime Figueroa, e o mago Serjo. Presentará a gala o mago Murphy.

As entradas para estes espectáculos poranse a venda desde mañá 12 de abril no Centro de Interpretación da Muralla e no Meson do Forno.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova