Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Por primeira vez participan todos os colexios de Lugo no programa educativo de Hortas na Escola


# Xoves, 11/04/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
As actividade para que os nenos e nenas de entre 3 e 5 anos coñezan a natureza e a importancia de realizar actividades en grupo realízanse en 13 centros de infantil e nas 4 Escolas Infantis Municipais

Un ano máis, e xa van 11 desde que comezou, a Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral presentou as novidades do programa educativo Hortas na Escola no que por primeira vez participan os 13 centros de educación infantil e primaria de Lugo ademais das catro Escolas Infantís Municipais.

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz, salientou que “é un programa que, ante os bos resultados acadados, todos os colexios nos solicitaron participar nel para poder traballar cos máis pequenos non só a observación do entorno senón traballar en grupo”. Neste sentido, manifestou que esta actividade ten como finalidade achegar aos nenos e nenas de educación infantil ao contorno natural, formando parte dos ciclos naturais e intervindo nos mesmos de xeito directo e activo.

O programa iníciase en xaneiro e remata en xuño ca recollida dos cultivos. As actividades estarán organizadas tendo en conta os ciclos da natureza, elixindo aqueles cultivos máis apropiados para cada época e coa fin de que tódolos cultivos se recollan no mes de xuño. Ademais intercalaranse obradoiros para a transformación dos produtos do horto e outros de consumo cotiá máis elaborados (obradoiro de cociña, repostería, colonias, sales de baño, velas,..)

Esta actividade é unha experiencia na que se pode participar en calquera etapa da vida, pero é nas primeiras etapas educativas, onde a estimulación e o desenvolvemento dos sentidos é máis importante. Por este motivo, esta actividade supón un recurso educativo de grande interese, xa que permite, que nenos e nenas de curta idade, poidan vivir, experimentar e gozar do traballo no contorno natural, intervindo nel, dun xeito consciente e responsable.

Esta experiencia foi recoñecida e incluída pola Asociación Internaciona de Cidades Educadoras dentro do seu Banco Internacional de Documentos de Cidades Educadoras, recoñecemento a nivel internacional á Lugo como Cidade Educadora e que permite a difusión da experiencia mencionada como programa innovador que serve de punto de referencia para outras cidades.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova