Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as actividades socioculturais nas parroquias de Lugo que se deseñaron atendendo ás necesidades veciñais


# Venres, 12/04/2013
Durante os próximos tres meses preto de 600 veciños participaran nas máis de 40 actividades que se levarán a cabo nos centros de dinamización

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades socioculturais que se van realizar en diferentes parroquias de Lugo nestes trimestre e que se irán realizando paulatinamente ata o mes de xullo. Trátase de 43 talleres diferentes nos que participarán preto de 600 persoas da zona rural.

González Abelleira destacou como novidade que este ano a programación seleccionouse con axuda dos propios veciños. Así, houbo reunións cos pedáneos, veciños e asociacións, para coñecer cales eran as actividades que máis lles interesaba en cada un dos núcleos e tamén que horario e que días era mellor para os veciños e veciñas. “Con esta iniciativa conseguimos que cada parroquia teña a actividade que máis lle interesa aos veciños e tamén que teñan as mesmas oportunidades que os que viven na cidade” segundo manifestou a Concelleira.

Neste sentido, manifestou que “nesta época de éxodo do rural para as cidades é moi importante se lle ofrezca aos que viven na zona rural as mesmas posibilidades e actividades que os que están na cidade” ao considerar que se trata “de dinamizar o entorno rural e que os veciños e veciñas non se sintan discriminados en canto a actividades”. Desta maneira, tamén se fomenta as relacións persoais entre veciños e veciñas que, en moitas ocasións, teñen unha idade avanzada.

As parroquias nas que se levará a cabo as actividades son en Adai, Albeiros, Bazar, Benade, Bocamaos, Bóveda, Calde, Coeses, Conturiz, Esperante, Fixos, Galegos, Gándaras, Lamas, Meilán, Recimil, Rubiás, Saa, Santa Comba, S. Xoan do Campo e Tirimol. E entre as actividades destacan risoterapia, pilates, memoria, manualidades, baile ou cociña que son as que máis se solicitaron.

Charla informativa desafiuzamentos

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, tamén anunciou que o próximo mércores 17 ás 19:00 horas no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, o Concello de Lugo vai a organizar unha charla informativa sobre os desafiuzamentos. Poden acudir a ela calquera persoa que esté interesada ou que sufra unha situación similar e na que poderán coñecer cales son os recursos dos que dispón o Concello e cales son as medidas que deben adoptar para evitar desafiuzamentos.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova