Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello ofrecerá 29 novas prazas para atención diurna ós maiores dependentes de Lugo


# Venres, 12/04/2013
O novo contrato supón aumentar en catro o número de prazas para maiores en Centro de día

O Concello disporá dun total de 29 novas prazas para atención diurna a persoas maiores dependentes, catro máis das existentes na actualidade.

A Mesa de contratación do Concello adxudicou hoxe a contratación de 22 prazas de Centro de día para a atención de persoas maiores dependentes en réxime de atención diurna que fora convocado cun prezo de licitación de 638,32 euros por praza e mes.

O contrato, convocado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, foille adxudicado á empresa Enfermería de Gestión Sociosanitaria S.L que fixo a mellor proposta tendo en conta o prezo e o número de prazas ofrecidas, que foron os dous criterios de avalización establecios no plego. Concretamente, o prezo ofertado foi de 560,56 euros e a empresa ofreceu como mellora 7 prazas a maiores das contratadas.

Ata o momento o Concello tiña contratadas 22 prazas e conseguira unha mellora de tres prazas gratuítas.

A Concelleira de Benestar Social manifestou que o aumento no número de prazas que o Concello porá a disposición dos maiores dependentes de Lugo ”volve deixar en evidencia ó Partido Popular”.

“Non só queda demostrado con feitos que o PP falseou a realidade cando asegurou que o novo contrato suporía unha diminuición no número de prazas e un retroceso nos servizos sociais no Concello senón que, e esto é o máis importante, queda claro que o Goberno local de Lugo orienta a súa xestión a dar apoio ás persoas que máis axuda necesitan e fai xusto o contrario que o PP nas administracións que goberna, nas que non deixa de recortar dereitos e o acceso a servizos para as persoas que máis os precisan”, declarou Ana González Abelleira.

A duración do novo contrato adxudicado hoxe é por dous anos, prorrogables por outros dous.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova