Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo traballa en dous proxectos que usan as novas tecnoloxías para a difusión turística e cultural de Lugo


# Venres, 12/04/2013


A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, dirixida por Carmen Basadre, traballa en dous proxectos de utilización das novas tecnoloxías na difusión de información cultural e turística de Lugo.

Unha delas é o deseño dunha aplicación para móbiles e tabletas que se empregará como ferramenta para informar das actividades culturales que se celebran na cidade e tamén dos atractivos turísticos de Lugo e a outra forma parte do Plan integral de Promoción Turística da zona rural dos concellos de Lugo, Rábade e O Corgo, un proxecto que conta cunha achega económica da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

A Xunta de compras do Concello adxudicou hoxe a segunda fase da aplicación para tablets e móbiles (APP) para promoción turística da cidade. Este proxecto permitirá desenvolver unha aplicación turística específica para ofrecer unha ferramenta de información cultural e turística gratuíta.

O primeiro paso foi a creación desta aplicación cun moderno deseño e de fácil control con atractivos contidos que se ofrecen en galego, castelán e inglés.

Na segunda fase, contratada hoxe á empresa Inteligencia Visual por un importe de 9.317 euros (IVE incluído), permitirá ofrecer un servizo completo que facilite a descarga dos contidos no caso de non ter conexión a internet, ademais de favorecer a interacción do usuario co deseño de itinerarios propios pola cidade adaptados ás súas preferencias e facilitará, ademais, a posibilidade de compartir as experiencias dos viaxeiros a través das redes sociais.

Unha das posibilidades que se ofrecerá ó viaxeiro con esta aplicación seralle de utilidade para a organización da súa viaxe e estancia en Lugo. Trátase dunha pequena guía turística electrónica que levará ó usuario ós puntos de interese que seleccionou previamente dentro do apartado de Guía Turística. Cando o usuario chegue ás zonas que marcou no seu itinerario, esta aplicación permitiralle visualizar automáticamente as fichas das localizacións, as fotografías e os enlaces de interese relacionados con ese lugar ou monumento. Este apartado complétase cunha sección de Mapas, dende a que o turista poderá consultar a súa posición respecto do resto de lugares do itinerario, ademais de poder xerar rutas para saber como acceder a eles.

Para as persoas que non dispoñan dunha conta de datos nos seus dispositivos ou para os viaxeiros extranxeiros que queiran evitar as dificultades e o custo do roaming, este servizo contará cunha opción de envorcado que permitirá descargar a totalidade da aplicación ós seus dispositivos de xeito que poidan consultalos posteriormente sen conexión e de xeito gratuíto. Ademais, os usuarios disporán dun actualizador de descargas que os avisará das modificacións que se poidan rexistrar na información, de xeito que poderán ir actualizando os contidos e dispor así de información actualizada sen conexión.

Ademais, o viaxeiro terá a posibilidade de comentar nas súas redes sociais favoritas o seu viaxe e as experiencias que vaia vivindo na súa visita a Lugo, de xeito que se multiplicará a difusión dos monumentos e atractivos da nosa cidade.

A Xunta de Compras tamén acordou hoxe contratar a creación dunha páxina web do Plan Integral de Promoción Turística da Zona Rural de Lugo, Rábade e O Corgo por importe de 2.420 euros á empresa Etecé Deseño e Comunicación.

Este proxecto para a promoción do turismo da zona rural dos tres concellos está subvencionado pola Axencia Galega e unha das actuacións previstas nel é a creación dunha páxina web co propósito de difundir o proxecto a través da internet e das redes sociais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova