Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo estuda as alternativas para aumentar o seu apoio ao CD Lugo


# Martes, 16/04/2013


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, polos portavoces dos tres grupos municipais e técnicos do Concello, participaron esta mañá nunha reunión con directivos do CD Lugo, para estudar as posibilidades dunha maior colaboración entre o Concello e a entidade deportiva.

O Concelleiro de Deportes manifestou que “foi unha reunión de traballo no que se plantexaron diferentes alternativas para apoiar aínda máis ao CD Lugo e buscando que esas medidas repercutan positivamente para o resto da cidade”. Ademais, explicou que “existen varias opcións abertas que no prazo dunha semana máis ou menos, unha vez analizadas polos técnicos municipais, tomarase unha decisión definitiva”.

Díaz Grandío tamén lembrou que o Concello mostrou a vontade de colaborar co deporte lucense xa que “consideramos que non só estamos nós, senón que hai outras institucións, como a autonómica, que tamén se deben involucrar na axuda e promoción do deporte”.

Neste sentido, lembrou todo o esforzo económico feito polo Concello ao longo destes anos para dotar á cidade tanto de infraestrutura deportiva como dun maior apoio a todos os clubs deportivos e coa creación e participación en eventos deportivos. Todas estas iniciativas considéranse unha maneira excelente de promover a participación cidadá e a promoción da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova