Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adica máis de 100.000 euros á contratación de desbroces en 700 quilómetros de viais nas parroquias da zona rural de Lugo


# Mércores, 17/04/2013
O Goberno local tamén aprobou o proxecto de Ordenanza reguladora dos Centros de Día para cumprir coa normativa da Xunta de Galicia que impón novos recortes ós dependentes

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, informou hoxe da convocatoria do procedemento para a contratación do servizo de roza e desbroce de pistas nas parroquias da zona rural.

Manuel Chaín explicou que o Concello adica este ano unha partida de 101.640 euros para a contratación da limpeza de 700 quilómetros dos viais nas parroquias da zona rural. O prezo estimado do contrato por quilómetro de desbroce é de 145,20 euros (IVE incluído).

O prazo de execución previsto é do 15 de xuño ó 15 de setembro e a adxudicación deste servizo farase por procedemento aberto.

O Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural tamén explicou que os desbroces faranse nas dúas marxes dos viais titularidade municipal asfaltados, xa que os que son de terra límpanse con medios propios do Concello, e tamén nas explanadas, nas áreas de acopios, campos de festa e folganzas situadas ás beiras dos viais municipais.

A Xunta obriga a aplicar recortes ós dependentes

Por outra parte, Chaín deu conta da aprobación do proxecto de Ordenanza reguladora do funcionamento dos Centros de día do Concello de Lugo para adaptala ó Decreto de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

“Esta norma, que é de obrigado cumprimento, afecta negativamente ós usuarios, xa que é un novo recorte que sofrerán as persoas que desfruten de prazas nos Centros de día, xa non poderán simultanear esa prestación con outro servizo, como poden ser as libranzas no domicilio e agora terán que optar e acceder só a unha delas”, explicou Manuel Chaín.

Chaín manifestou que “isto demostra a pouca implicación da Xunta de Galicia no coidado das persoas dependentes” e lembrou que este é un novo recorte que afecta ós dereitos dos usuarios dos Centros de día, xa que o Concello tamén se viu obrigado, pola normativa do Goberno e da Xunta de Galicia, a modificar, recentemente, a Ordenanza fiscal, co conseguinte prexuízo para os usuarios que agora tamén terán que pagar máis pola prestación deste servizo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova