Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde defende que a Policía Local cumpra a súa obriga de sancionar as infraccións de tráfico fronte a demagoxia do Partido Popular


# Mércores, 17/04/2013
López Orozco pregúntalle ó PP se entra na súa idea de cidade que a Policía Local de Lugo non sancione ós condutores que infrinxen as normas de circulación

O Alcalde, José López Orozco, censurou hoxe a demagoxia da que fai gala o Partido Popular nas continuadas críticas deste partido ó feito de que a Policía Local sancione ós condutores que cometen infraccións de tráfico na nosa cidade.

López Orozco salientou que ningún partido da oposición en España criticou nin considerou como brutal persecución sancionadora que a Dirección Xeral de Tráfico puxera en servizo un helicóptero para captar imaxes a 300 metros de altura e a 1.000 metros de distancia de vehículos que exceden a velocidade permitida ou de persoas que falan por teléfono mentres conducen.

“Somentes en Lugo temos un partido político, con responsabilidades no Goberno e na Xunta de Galicia, que é quen de facer semellante demagoxia”, destacou o Alcalde, que se preguntou se o Partido Popular defende que, en Lugo, os policías non denuncien ós vehículos que non respectan normas como deterse nos semáforos en vermello ou non superar os límites de velocidade, nin ós que aparcan en lugares prohibidos ou a quen conduce baixo os efectos do alcohol.

“Que debe facer a policía neses casos, no lugar de sancionar a quen non cumpre a lei quedar cos brazos caídos ou, na medida do posible, evitar condutas que nos levarían a unha cidade sen lei?”, preguntouse o Alcalde que se cuestionou tamén se nos “estará pedindo o PP que a Policía non cumpra co seu deber? Pois iso ten un nome no Código Penal?”

Fronte á demagoxia que demostra o PP coas súas críticas á labor da Policía Local na persecución das infraccións de tráfico, o Alcalde sinalou que “nós non faremos deixación das nosas funcións, seguiremos facendo un labor de pedagoxía para que os condutores cumpran coas normas de circulación e, cando alguén non o fai, o que facemos é defender ós veciños das persoas desaprehensivas que non cumpren coa normativa de circulación”.




Balance denuncias de tráfico no ano pasado e do primeiro trimestre deste ano

-DENUNCIAS POR N0N RESPECTAR A LUZ VERMELLA DE SEMÁFOROS
2012 abríronse 1.648 expedientes
2013 ata o 31 de marzo abríronse 338 expedientes

-DENUNCIAS POR ESTACIONAR EN PARADA BUS
2012 abríronse 785
2013 ata o 31 de marzo abríronse 325 expedientes

-DENUNCIAS POR ESTACIONAR EN LUGAR NO QUE SE PROHIBE LA PARADA
2012 abríronse 365 expedientes
2013 ata o 31 de marzo abríronse 146 expedientes

-DENUNCIAS POR ESTACIONAR EN ZONA DE CARGA E DESCARGA
2012 abríronse 457 expedientes
2013 ata o 31 de marzo abríronse 277 expedientes

-DENUNCIAS POR NON RESPECTAR OS LIMITES DE VELOCIDADE
(RADAR)
2012 abríronse 1.848 expedientes
2013 ata o 31 de marzo abríronse 270 expedientes

-DENUNCIAS POR CONSUMO DE ALCOHOL
2012 abríronse 65 expedientes
2013 ata o 31 de marzo abríronse 25 expedientes

-DENUNCIAS POR CONSUMO DE SUSTANClAS ESTUPEFACIENTES
2012 abríronse e 1 expedientes
2013 ata o 31 de marzo abríronse 0 expedientes

-DENUNCIAS POR CONDUClÓN TEMERARlA
2012 abríronse 30 expedientes
2013 ata o 31 de marzo abríronse 6 expedientes


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova