Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha un novo sistema de pago de taxas que facilitará a tramitación aos cidadáns a través do web


# Mércores, 17/04/2013


O Concello de Lugo pon en marcha un novo sistema de pago das taxas co que se facilitará a súa informatización por parte dos servizos municipais e aforrará trámites aos cidadáns xa que poderán descargar os modelos dende a páxina web do Concello.

Así, dende hoxe, todos os veciños e veciñas poderán descargar un modelo de pago de taxas dende a web do Concello, no apartado de Tramita na túa casa, que deberán levar ao banco á hora de facer o pago e que servirá como xustificante para a administración. Os modelos son autocopiativos compostos por tres follas, unha para o interesado, outra para o Banco e outra para o servizo correspondente que o poderá incorporar ao expediente como proba do ingreso.

Con esta medida, o Concello de Lugo, tamén unifica o pago de todas as taxas en todas os departamentos municipais facilitando a súa informatización. Isto implica que non se admitirán ingresos en contas municipais sen o uso do correspondente modelo, xa que este reflexa á persoa que ingresa, o concepto polo que ingresa, o importe e todos os datos necesarios para a súa validación polo correspondente servizo e a súa informatización por parte da Tesourería Municipal.

Con esta nova medida pódense descargar os modelos de pagamento das taxas pola expedición de documentos administrativos, a taxa pola prestación de servizos urbanísticos (consultas urbanísticas, certificación de caducidade e declaracións de ruínas), a taxa por dereitos de exame, taxa polo aproveitamento da vía pública, prezo público pola utilización do Auditorio Municipal, prezo público da Casa das Linguas e prezo público de cursos e actividades. Tamén se indica na propia web que é imprescindible imprimir por triplicado o modelo e que o pago se efectuará en calquera das oficinas das entidades colaboradoras que son Novagalicia Banco, La Caixa e BBVA.

Pode ver os modelos na sede electrónica.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova