Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo aposta por un ocio nouturno de calidade


# Xoves, 18/04/2013
O Concello e a Asociación de Empresarios de Hostalería crean un Circuito de Ocio de Calidade para promover un ocio nouturno seguro, saudable, responsable e de calidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
As instalacións dos 10 establecementos hostaleiros participantes son as máis valoradas do país, cunha media de 7,8 sobre 10

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre; o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, e Vicente Pizcueta, Presidente da ONG Controla Club, presentaron hoxe o Circuito de Ocio de Calidade de Lugo, destinado a promover o compromiso do sector hostaleiro para a promoción dun ocio seguro, saudable e de calidade.

Este proxecto foi promovido polo Concello en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e a ONG Controla Club e enmárcase nos obxectivos do Programa Nacional de Prevención das Drogodependencias no Sector Hostaleiro “Servizo Responsable” asinado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas e a Federación Española de Hostalería.

Carmen Basadre destacou que “é importante este feito porque a implicacion do sector do ocio nouturno na prevención das drogodepencidas e na procura dun ocio máis responsable e saudable é moi importante” e neste sentido “esta non é a primeira vez que Concello e hostalería colaboran para levar a cabo actividades de prevención de drogodependencias”.

A Asociación de Hostalería de Lugo participou activamente neste proceso mediante a implantación do Código de Boas Prácticas Profesionais do Sector Hostaleiro, a realización de cursos especializados na prevención das drogodependencias, a supervisión e control das instalacións dos locais de ocio e a instalación de toda unha señalética informativa dirixida ó público destes establecementos.

Cadrando co acto tamén se entregan os distintivos ós establecementos que colaboraron no proceso de implantación e dos diplomas ós empresarios e traballadores hostaleiros que participaron nun curso de formación sobre ocio de calidade e prevención das drogodependencias no sector hostaleiro. A responsable da área de Xuventude tamén se referiu a que os establecementos participantes levan distintivos deste código de boas prácticas profesionais no sector.

Esta iniciativa sitúa a Lugo na vangarda de este tipo de iniciativas que están orientadas á prevención dos problemas que orixinan o consumo abusivo de alcol e do consumo recreativo de drogas nos espazos de ocio e a fomentar a excelencia e a calidade na atención ós clientes.

A implantación do Selo de Calidade de Ocio nouturno de Lugo

O Circuito de Ocio de Calidade de Lugo conformouse con algúns dos establecementos hostaleiros e locais de ocio máis importantes da cidade, que asumiron e cumpriron cos requisitos e protocolos establecidos nun “Código de Boas Prácticas Profesionais”, con consellos e recomendacións sobre a dispensación responsable de alcol, a protección ó menor, a seguridade e control das instalacións dos establecementos públicos, a capacidade de reacción do local ante situacións de emerxencia e, en xeral, unha axeitada prestación do servizo e a atención ós clientes.

Neste sentido, hai que lembrar que Lugo é un concello cunha longa traxectoria na posta en marcha de iniciativas no campo da prevención das drogodependencias.

Con respecto ás positiblidades de implantación do programa en Lugo, analizouse a particular distribución dos locais de ocio na cidade, dentro e fóra do Casco histórico, unha oportunidade boa para levar a cabo o proceso de implantación nunha cidade como a nosa, cunhas caractarísticas espaciais e de funcionamento que sirven como exemplo de zona de ocio das moitas existentes noutras cidades españolas.

Durante o proceso de creación dos Circuitos, 25 empresarios e traballadores destes locais participaron nun Curso de Formación sobre temas relacionados coa prevención das drogodependencias en hostalería e distribuíronse diversos elementos señaléticos e informativos situados en lugares estratéxicos dos 10 establecementos participantes, mediante os cales se transmiten mensaxes dirixidas ó público dos locais, á vez que se fai visible o compromiso do establecemento con cada unha das mensaxes que os compoñen.

Con respecto á avaliación desta 1ª promoción de locais do Circuito de Ocio de Calidade de Lugo hai que salientar os bos resultados obtidos polos establecementos, que acadaron uns niveis de calidade bastante altos, cunha media de 7,8 nunha escala de 1 a 10, o que sitúa ós establecemtos desta primeira edición do Circuito de Ocio de Calidade de Lugo coas puntuacións máis altas entre as cidades españolas nas que se levou a cabo este proceso.

Entre os locais que conforman esta primeira promoción do Circuito de Ocio de Calidade de Lugo atopanse: Particular, Pasarela, DKS, Cook, Dvorak 2.0, Taberna Daniel, Porta Santiago, La Buena Vida, Comic Galery e Norteña.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova