Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Sociedade Micolóxica Lucus organiza unhas Xornadas sobre Micoloxía e Medio Ambiente nas que colaboran o Concello e o colexio Galén


# Venres, 19/04/2013
A sesión práctica, que terá lugar o domingo, aproveitarase para facer unha limpeza de bosques

Imaxe Asociada
A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Lino González Dopeso, apoia a iniciativa organizada pola Sociedade Micolóxica Lucus en colaboración co colexio Galén, que organizan unha Xornada teórico-práctica sobre Micoloxía e Medio Ambiente.

Esta actividade comeza hoxe e remata o domingo cun percorrido didáctico e a retirada de lixo da zona de carballeiras e de bosque mixto do contorno do colexio.

As actividades empezan esta tarde cunha sesión teórica a cargo do Presidente da Sociedadede Micolóxica Lucus, Julián Alonso, que terá lugar ás 20.00 horas no colexio Galén (Rúa Xián, 8). Nela falará sobre medio ambiente, os ecosistemas, o delicado equilibrio que os sostén, a importancia e coidado da súa conservación e o papel fundamental que xogan os fungos nestes ecosistemas.

Para o domingo está programada a sesión práctica, na que colabora o Concello coa cesión de diversos materiais como material de xardinería, guantes, etc. e consistirá, por unha parte, nunha actividade de sensibilización ambiental, xa que se vai realizar unha recollida de residuos e lixo tirados nos bosques, e, por outro lado, farase un percorrido didáctico pola zona de carballeiras e bosque mixto do contorno deste colexio. Esta sesión será dirixida por membros da Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar de 10.00 a 13.30 horas e nela tamén se observarán in situ os conceptos explicados na xornada teórica.

As Xornadas son abertas ó público, con especial adicación ós pequenos para despertar a súa sensibilidade respecto da conservación e coidado do medio ambiente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova