Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes de Alemaña visitaron esta mañá a Casa do Concello


# Venres, 19/04/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e membros do Corporación Municipal, recibiron a visita dun grupo de 26 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que estarán pola nosa cidade durante os próximos días.

López Orozco deulles a benvida en alemán explicándolles “que os romanos nos deixaron unha Muralla que a través das 10 portas que ten nos comunica e recibimos a toda Europa”. Neste sentido, tamén falou da importancia que estes intercambios de alumnos a nivel europeo teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respetarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas”.

Os alumnos alemáns agasallaron ao Alcalde cunha botella de viño alemán e un cd de música clásica da cidade de Leipzig. Pola contra, o Concello de Lugo, entregoulles un libro coa historia da cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova