Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lvcvs estrea nova páxina web con novos contidos e na que se busca a "esencia" romana


# Venres, 19/04/2013
Este ano tamén se poderá votar a través da web en diferentes concursos como o Ars Magirica

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Adrián Encabo, de empresa Inteligencia Visual, presentaron a nova páxina web do Arde Lucus (www.ardelucus.com ). Este novo espazo conterá información sobre a festa, zonas de descarga para fondos de pantalla, os programas de actividades, así como fotografías, anuncios das empresas colaboradoras co Arde Lucus ou acceso ás redes sociais segundo informou Basadre.

Ademais, segundo explicou Carmen Basadre, “é totalmente diferente á anterior porque segundo aumenta o nivel do Arde Lucus, tamén aumenta os seus contidos co cal debemos estar sempre ao día xa que internet é fundamental para a difusión da festa “.

Esta web desenvolveuse dentro da importancia que ten como Festa de Interese Turístico Galego, e intentouse transmitir a esencia do Arde Lucus centrándose na caracterización completa da cidade e dos seus cidadáns, convertindo Lugo nunha antiga urbe. Con este novo deseño inténtase que, a través das texturas como a pedra, o metal, ou os pergamiños, os usuarios da web sintan a esencia do Lugo romano e para elo búscase a fusión do mundo antigo co contemporáneo a través da tipografía.

A páxina web, que estará en galego, castelán e inglés, proporciona unha estrutura sinxela, priorizando a información necesaria para estar ao día das novidades e actividades que se desenvolven na actual edicion. A información organízase mediante diferentes seccións nas que poderemos atopar o programa oficial, que se subirá próximamente, as localizacións das diferentes actividades nun mapa interactivo, información sobre as asociacións participantes no evento, sobre empresas colaboradoras e patrocinadoras, sección de noticias, da historia das diferentes edicións ou contido multimedia. Ademais tamén hai enlaces á aplicación e ao videoxogo oficial do Arde Lucus, e como novidade, unha sección denominada Atrezzo no que as persoas interesadas atopen inspiración para elaborar as súas vestimentas.

Un ano máis tamén se distribuirá información do Arde Lucus, a través, das principais redes sociais, como son o Facebook, Twitter, Tuenti, Insagram e Youtube.

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova