Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os servizos sociais do Concello atenderon no 2012 máis de 12.300 persoas, a maioría, por escaseza de recursos económicos


# Luns, 22/04/2013
A Concelleira deu a coñecer os datos cos que se traballará na reunión da Comisión Local de Servizos Sociais

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá un balance das atencións especializadas realizadas pola súa área ao longo do 2012 e que se presentarán no Consello Local de Servizos Sociais.

Desta maneira, ao longo do ano 2012, foron 12.345 persoas as que se achegaron a algún dos seis centros de convivencia municipal para resolver as súas dúbidas ou para solicitar algún tipo de axuda. A maioría destes usuarios, 8.133, foron mulleres e 4.192 homes. Nestes casos as atencións realizadas céntranse especialmente no eido da emerxencia social, axuda no fogar, a solicitude de informes sociais, xantar no fogar, axudas para vivenda ou inserción social. Así, o número de intervencións deste servizo foi de 24.725 a maioría en materia de emerxencia social e axudas para situacións económicas extremas.

Outro dos datos que a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, deu a coñecer é que ao longo do ano pasado, 10 mulleres e 8 menores, estiveron temporalmente nos tres pisos de acollida para mulleres vítima de violencia de xénero cos que conta o Concello de Lugo. O perfil das usuarias mudou con respecto a anos anteriores, xa que delas só 5 tiñan fillos menores, todas elas puxeron denuncia por violencia e delas 8 romperon a convivencia co marido. A maioría delas era de nacionalidade española e procedentes doutros concellos da provincia de Lugo e contan cunha idade media superior aos 46 anos. En canto á situación laboral, 7 eran amas de casa ou estaban desempregadas, e cun nivel de estudos primario.

Ana González Abelleira incitou a Xunta a “preocuparse máis por este tipo de casos e por asegurar unha maior protección ás mulleres xa que en toda a provincia de Lugo só hai os tres pisos que son do Concello de Lugo” sen esquecer que “as axudas neste ámbito social son cada vez menos polo que se está perxudicando, unha vez máis, aos máis débiles”.

Atención a familias
Outro dos puntos dende o que se traballa nos Servizos Sociais é a atención a diferentes problemáticas que poden xurdir no ámbito familiar. Estas en ocasións presentan situación de risco ou se detectan factores de risco relacionados con características individuais dos e das menores, dos proxenitores ou titores, así como outros factores ambientais.

Así, o número total de persoas usuarias desta atención familiar foron 929, dos que 412 eran menores coas que se inteviron de 289 familias diferentes. As actuacións que se levaron a cabo por parte dos educadores sociais foron a aprendizaxe de habilidades sociais, habilidades domésticas, inserción social e laboral ou de orientación do sistema educatico.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova