Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA OBRADOIROS DE CONFECCIÓN DE PRENDAS PARA O ARDE LUCUS


23/4/2013 Celébranse os sábados na Casa da Xuventude

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua organiza dous obradoiros para confeccionar prendas e complementos para a festa do Arde Lucus.

Un dos obradoiros é para a confección de vestiario e o outro para aprender a facer complementos como sandalias, coroas de flores, grebas, brazaletes e muñequeiras, entre outros.

Estas actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude todos os sábados, ata o 8 de xuño, entre as 11.00 e as 13.00 horas.

As persoas interesadas en participar neles deben levar tanto as telas como os outros materiais necesarios para a confección dos complementos.

www.ardelucus.com