Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Ata o 20 de xuño está aberto o prazo para o pago voluntario do IBI


# Martes, 23/04/2013


A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos informa que xa está aberto o prazo para o pagamento en vía voluntaria do Imposto de Bens Inmobles.

Este ano poñeranse ó cobro 87.273 recibos de natureza urbana por importe de 20.176.496,44 euros e 13.966 recibos de rústica por importe de 57.917,32 euros.

Na urbana póñense ó cobro 675 recibos máis que o ano pasado, o que representa unha porcentaxe do 0,78% de aumento. O importe total previsto sobe en 165.679,01 euros, é dicir un 0,83%.

Como é sabido, o Concello, mantén todos os seus impostos conxelados dende hai varios anos, a excepción das obrigas impostas polo Goberno central.

O prazo de pagamento en vía voluntaria estará aberto ata o 20 de xuño. Da mesma maneira que o ano pasado, as persoas que domiciliaran o imposto poderán fraccionar o pago. Neste caso, pasaráselles ó cobro os días 5 de xuño e 5 de setembro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova