Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL acollerá un exposición sobre os 25 anos de arte sonora enmcarcada nos 5º Sons Creativos: Música Improvisada


# Martes, 23/04/2013
A mostra sonora poderase visitar entre o 11 de maio e o 16 de xuño nas instalacións do Museo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O próximo 11 de maio o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acollerá a quinta edición do programa Sons creativos, unha plataforma de intercambio cultural e de creación musical, e a inauguración da mostra 25 anos de Arte Sonora e Pedagoxía en Lugo, organizado polo Grupo de Creación Sonora da Universiadade de Santiago de Compostela. Así o anunciaron esta mañá a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, e a catedrática da Área de Música da Universidade de Santiago de Compostela e directora do Grupo de Creación Sonora da USC, Inmaculada Cárdenas.

Esta quinta edición do programa ten como título Música improvisada, organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, e que pretende servir de plataforma de presentación das obras realizadas dende a USC, así como de artistas, músicos e investigadores convidados.

Programa

O programa da quinta edición, comezará ás 10.30 horas coa celebración dunha mesa redonda sobre música improvisada, na que intervirán como relatores o investigador da USC Javier Garbayo, a pedagoga especializada en Pedagoxía de Creación Musical da Universidade de Valladolid, Pilar Cabeza, e o artista plástico Jesús Otero Yglesias. Unha vez rematada esta primeira sesión, procederase á inauguración da mostra 25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo.

A quenda de mañá do programa Sons creativos rematará cunha mesa redonda, que se desenvolverá, a partir das 12.30 horas, baixo o título Antecedentes da arte sonora en Lugo 1987-1993: O concerto de campás Sacra Lucus e Revisando Espacio Permeable. Nesta sesión, na que participarán Juan Gil López e Jesús Otero Yglesias, tamén se abordará o Concierto de esculturas sonoras, de 1992.

Os membros do Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago, Mónica Álvarez, Arturo Vaquero e Efraím Díaz, así como o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, intervirán como relatores, a partir das 16.30 horas, nunha mesa redonda na que se falará sobre o GCSUS como unha aposta pola improvisación. Ao remate da sesión, todos os asistentes poderán participar nunha visita guiada pola mostra.

O concerto Construír/deconstruír os sons servirá de colofón, a partir das 20.00 horas, e converterase nunha nova peza artística.

25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo

O mesmo día 11 de maio tamén se inaugura unha exposición de Sons Creativos baixo o nome de 25 anos de Arte Sonora e Pedagoxía en Lugo e que se poderá visitar ata o 16 de xuño. Trátase de trasnformar o MIHL nun espazo para a arte sonora a través de distintas instalacións musicais e audiovisuais.

Esta exposición permitirá achegar a todo o público interesado obras compostas polo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS), entre as que se atopan obras electroacústicas e propostas audiovisuais, ademais de incluír dous dos antecedentes de arte sonora desenvolvidos en Lugo co apoio da Universidade de Santiago, tales como son o Concierto de esculturas sonoras, do grupo lucense Espacio Permeable, e o concerto de campás Sacra Lucus, de Llorenç Barber.

As obras incluidas na mostra estarán presentadas en forma de instalacións sonoras ou audiovisuais, acompañadas sempre de información que permita ao espectador comprender o traballo desenvolvido polos artistas ao longo da súa traxectoria.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova